Ruth Lorenzo alíase con Tanxugueiras para envíar unha mensaxe de sororidade en ‘Reina’

6 Setembro 2023

Apenas uns días despois de estrear novo single, ‘Woman’, Ruth Lorenzo presenta hoxe ‘Reina’ xunto a Tanxugueiras


A canción representa o espírito e mensaxe do seu novo EP, transmitindo un speech de liberación da muller, pero partindo esta perspectiva non desde a dor senón desde a proclamación desa liberdade. O tema soa cru, conectado á terra e exalta a realeza da muller real. Foi producido por Road Ramos, quen estivo tamén detrás das guitarras e os coros.

A unión con Tanxugueiras para esta nova versión nace desde a sororidade e como resultado dunha admiración mutua. A alma de ‘Reina’ constrúese sobre uns principios de comunidade e reivindicación da música como pura artesanía.



Sobre a unión, as galegas comentan que “Ruth sempre foi un referente pola súa voz e a súa música. Coñecémonos nun fin de xira de Rayden e desde o principio tivemos claro que nos gustaría facer algo xuntas. Leva moitos anos nesta industria e tela de amiga e que poida explicarche todo desde a sororidade e o empoderamento é marabilloso. A química e enerxía que se xera cando nos xuntamos pódese ver nesta canción, foi super fácil traballar con ela, así que só podemos darlle as grazas por deixarnos entrar na súa maxia e na súa forma de transmitir”.


Ruth Lorenzo | Cedida

Esta nova versión de ‘Reina’ inclúese dentro dun dobre single xunto a ‘Woman’ como unha forma de sintetizar en só dúas cancións a identidade creativa de Ruth na actualidade, e xa está dispoñible en todas as plataformas.

No terreo visual, o tema chega acompañado dun vídeo lyric creado pola artista gráfica chilena Javi Mi Amor, a cal dirixiu tamén o videoclip de ‘Woman’, e que desenvolveu nos últimos anos a nova imaxe visual de Garbage.

Sentíndose xa completamente líder do seu proxecto, este venres 9 de setembro o concerto de Razzmatazz exponse como toda unha celebración desta nova etapa de Ruth Lorenzo, anunciando xa a participación de Rayden e albergando aínda algunha sorpresa que se irá desvelando nas próximas semanas. As entradas están xa dispoñibles aquí.


Está pasando!