© Concello de Baiona

Safari Etológico polos montes de Baiona en busca dos cabalos salvaxes do Alto da Groba

4 Abril 2022

Un safari en Baiona? Nos montes do Alto da Serra da Groba? Non é unha estratexia de márketing, en efecto, é como soa. O lado máis salvaxe de Baiona descóbrese como resultado do seu illamento da civilización, a fauna local e, principalmente, pola manda de equinos de pura raza galega, os garranos coñecidos popularmente na zona como “burras”, os cabalos salvaxes que reinan ás súas anchas nesta contorna privilexiada. De feito, é a única reserva de cabalos salvaxes do Atlántico, a maior manda de equinos en liberdade de Europa e un do poucos lugar de España onde velos en semilibertad e sen necesidade de intervención humana para sobrevivir.

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Turismo, organiza os roteiros guiados gratuítos ‘Safari Etológico de Garranos’ unha proposta que levará a cabo Finca Moreiras. Un safari sostible descubrirá este animal salvaxe e prehistórico campando ás súas anchas no privilexiado lugar do Alto de Groba.

As visitas guiadas municipais serán a pé. Sairá un autobús do centro da vila cara ao Alto da Groba con dous guías: Adrián Mártíns, xerente de Leira Moreiras, e a investigadora da Universidade da Coruña, Laura Lago, experta na raza.

  • Venres, 15 de abril (apertura prazo inscrición: 1 de abril)
  • Domingo, 8 de maio (apertura prazo inscrición: 25 de abril)
  • Domingo, 5 de xuño (apertura prazo inscrición: 23 de maio)
  • Sábado, 18 de xuño (apertura prazo inscrición: 6 de xuño)

Punto de encontro no exterior da Oficina de Turismo de Baiona, con saída ás 09:00 horas.

Prazas limitadas a 20 persoas (a partir de 6 anos).

Imprescindibe inscrición previa, na oficina de turismo, no correo electrónico oficinadeturismo@baiona.gal ou por teléfono no 986 687 067.


Está pasando!