Salvaterra de Miño acollerá a gala de entrega de galardóns de Vilas en Flor

14 Novembro 2024

Este venres, 15 de novembro ás 12:00 horas, terá lugar no Salón de Plenos do Concello de Salvaterra de Miño a entrega de galardóns de Vilas en Flor 2024 que premia o esforzo de 42 municipios galegos por mellorar os seus espazos verdes.

Vilas en Flor, impulsado en Galicia pola Fundación Juana de Vega xunto a Asvinor (Asociación de Viveristas do Noroeste) e Agaexar (Asociación Galega de Empresas de Xardinería), conta nesta edición co patrocinio da Consellería de Medio Ambiente, a través do Instituto de Estudos do Territorio, así como de empresas do sector ambiental como son Husqvarna, Makita e Rain Bird.

Este é o galardón co que o programa recoñece a xestión sostible, a educación ambiental e a concienciación cidadá no coidado do entorno. O Concello de Salvaterra de Miño, anfitrión nesta nova edición, leva participando no certame dende o ano 2019 e mantendo o recoñecemento o seu traballo con tres flores de honra froito da aposta polo medio ambiente e a súa integración nas parroquias e casco urbano.

Está pasando!