Salvaterra conmemora o Día das Letras Galegas cunha xincana e un obradoiro

7 Maio 2021

Con motivo do Día das Letras Galegas, que este ano está dedicado á creadora, editora, tradutora e mestra Xela Arias, o Concello de Salvaterra de Miño conta con dúas actividades, unha presencial e outra en liña, dirixidas aos nenos e nenas do Concello.

A primeira “Unha tarde con Xela” será o día 13 de maio no parque “A Canuda”, en horario de 18:00 a 19:00 horas.

A actividade consiste nunha xincana onde en pequenos grupos os nenos e nenas farán un pequeno percorrido con diferentes postos onde estarán as animadoras e os animadores.

Algúns deles estarán caracterizados de escritores ou escritoras, as que tamén se lles adicou o día das letras galegas. En cada posto terán que superar unha proba diferente de destreza, habilidade, enxeño… si superan a proba, se lles entrega un anaco dun poema de Xela Arias. Cando teñan todos os anacos, terán que lograr reconstruír o poema de Xela Arias.

Todos os participantes recibirán un agasallo dun conto ilustrado en galego.

A segunda “Caderno de Xela Arias para facer o meu conto” será o 14 de maio ás 17:30 horas.

Para visualizalo se colocará un enlace, na páxina web, e no Facebook do Concello, para que os cativos e as familias, inclusive as escolas poidan, visualizalo no horario que lles vaia ben. Estará dispoñible un mes.

O obradoiro será elaborar un caderno con elementos cotiás e material de refugallo, para desenvolver online cada cativo dende a súa casa. Poderán facer esta manualidade relacionada coas letras galegas e en concreto coa homenaxeada este ano Xela Arias.


Está pasando!