Salvaterra de Miño presenta a programación da VIII Festa do Viño Espumoso da D.O. Rías Baixas, que terá lugar os próximos 3 e 4 de decembro

17 Novembro 2022

O Concello de Salvaterra de Miño presenta a súa programación para a VIII edición da Festa do Viño Espumoso da D.O. Rías Baixas, que terá lugar os próximos 3 e 4 de decembro.

A Festa do Viño Espumoso é un evento organizado polo Concello de Salvaterra de Miño e a Cofradía do Viño do Condado do Tea e Espumosos en colaboración coa Denominación de Orixe Rías Baixas.

Música, gastronomía, nomeamento de novos cofrades, brindis e coloquio sobre espumosos son os puntos fortes da programación que ofrece esta festa, que detallamos a continuación:

Sábado 3 de decembro

Poderán degustar espumosos acompañados de ostras, empanada, mexilóns, tapas, embutidos, filloas, bombóns, turrón e chocolate.

  • 12:00 h. Actuación da Banda de Gaitas Pontenova e apertura de stands.
  • 13:00 h. Apertura de botellas de Espumoso con ‘Degüelle a Sable’.
  • 12:30 h. Actuación do grupo Montecelo.
  • 18:30 h. Coloquio sobre os Espumosos. Impartido por Luís Paadín e Alejandro Paadín (Ambassadeurs du Champagne de España) e formadores homologados de cava.
  • 21:30 h. Concerto de Julia Rodrígues e Broken Peach.

Domingo 4 de decembro

Poderán degustar espumosos acompañados de ostras, empanada, mexilóns, tapas, embutidos, filloas, bombóns, turrón e chocolate.

  • 11:00 h. Apertura de stands.
  • 11:30 h. Nomeamento de novos cofrades da Cofradía do Viño do Condado do Tea e Espumosos.
  • 12:00 h. Presentación e brindis. Armonía e maridaxe dos viños espumosos ao público por Luís Paadín (Primeiro Ambassadeurs du Champagne de España), apertura de botellas de Espumoso con ‘Degüelle a Sable’.
  • 14:00 h. Concerto de piano e voz de Mary Costa e Félix Cebreiro.
  • 16:00 h. Concerto de piano.
  • 18:00 h. Concerto do grupo Amnesia.
  • De 20:00 a 23:00 h. Programa da TVG ‘Festeiros’ coas actuacións de Alberto Cunha e do grupo Algo pasa con Mary.

Está pasando!