Salvaterra de Miño presenta o Campus de Conciliación de Nadal

6 Novembro 2024

O Concello de Salvaterra de Miño organiza, dentro do seu programa de conciliación familiar, unha nova edición do Campus de Nadal.

Dirixido a nenas e nenos nados entre os anos 2013 e 2021 cun máximo de 52 prazas, levarase a cabo durante os días 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro e 2, 3 e 7 de xaneiro nas instalacións do CEIP Infante Felipe. O horario será de 08:45 a 14:00 horas e o prezo do campus é de 60 euros.

Existe a posibilidade de aula matinal sempre que se chegue a un mínimo de 10 nenos, o horario sería de 07.30 a 09.00 horas.

As solicitudes formalizaranse entre o 14 e ata o 21 de novembro ou ata esgotar prazas a través de sede electrónica (é importante realizar un rexistro por cada neno ou nena) ou ben por rexistro de entrada no Concello en horario de 09:00 a 14:00 horas).


Está pasando!