Desfile do Enterro da Lamprea | © Concello de Salvaterra de Miño

Salvaterra de Miño volve á normalidade e as súas tradicións e festexos logo da pandemia

14 Febreiro 2023

Este ano Salvaterra de Miño recupera a súa festividade do Entroido xa de xeito completo para a ledicia de todos os veciños e veciñas, adultos e cativos…

A partir do venres 17 de febreiro e ata o sábado 25, levarase a cabo a programación do Entroido e do tradicional Enterro da Lamprea.

O venres 17 ás 10:30 horas, será o Desfile de Entroido dos Centros Educativos de Salvaterra, dende a Praza do Concello ata o Auditorio do Parque Público A Canuda.

O martes 21 a partir das 19:30 horas terá lugar no Salón da Casa de Cultura de Salvaterra o Festival Infantil de Entroido, con música, chocolate e rosca para todos.

E xa para por o broche de ouro a este festexo tan tradicional en Salvaterra, o sábado 25 de febreiro ás 17:00 horas enterrarase á defunta Lamprea, onde se pode participar formando parte da comitiva do enterro.

Diversión e risas aseguradas este Entroido en Salvaterra de Miño!


Está pasando!