Salvaterra prepara unha divertida tarde de medo para os máis pequenos da casa

11 Outubro 2023

A actividade, dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 11 anos, terá lugar na Praza
do Concello de Salvaterra de Miño


Achégase unha das datas máis esperadas do calendario para pequenos e maiores: o Samaín. Este ano o Concello de Salvaterra de Miño presenta a primeira das actividades na que os protagonistas serán os máis pequenos da casa.

O vindeiro luns 30 de outubro teremos a partir das 17:00 horasna Praza do Concello unha tarde de medo “En busca do Tesouro”, será unha divertida tarde con diferentes actividades dirixidas a tódolos nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 11 anos.



O prazo de inscrición para participar na actividade que é totalmente gratuita comeza o 16 de outubro e remata o 24 deste mesmo mes. Para inscribirse deberán chamar o teléfono 629 770 177 ou ben escribir ó correo comunicacion@concellodesalvaterra.org indicando o nome completo, DNI, teléfono e idade.

Esta non será a única actividade prevista polo Concello de Salvaterra para esta festividade, nos próximos días anunciarán a data do roteiro de Samaín e con el os prazos de inscrición para participar.

Está pasando!