Roteiro Samaín 2024 | Concello de Salvaterra de Miño

Salvaterra presenta o Roteiro Nocturno de Samaín cun novo percorrido

16 Outubro 2025

As inscricións comezan o venres 17 de outubro e o único requisito para participar é aportar un produto de hixiene ou non perecedoiro para o banco de alimentos


Un ano máis o Concello de Salvaterra de Miño organiza o Roteiro Nocturno de Samaín, unha data moi esperada entre o público que neste 2025 celebrarase o 31 de outubro e terá un novo percorrido.

Será unha noite terrorífica para nenos e nenas, cunha idade recomendada a partir dos 10 anos, e adultos.

Como sempre aconséllase a todos aqueles que queiran participar que veñan caracterizados xa que esa noite Salvaterra de Miño agochará moitas sorpresas e sustos nun percorrido que comezará na Praza do Concello e rematará no Espazo Termal de Teáns-Oleiros.

Ao chegar os participantes poderán tomar un chocolate quente.

Este ano, a saída será ás 19:30 horas e farase escalonada en grupos de máximo 23 persoas organizados que deberán seguir as indicacións do percorrido para chegar ao final do roteiro.

O prazo de inscrición comeza este venres 17 de outubro ata cubrir as prazas e realizarase a través da web https://www.barafunda.es/roteiros/roteiro-samain-2025-salvaterra

As prazas son limitadas e irán por orde de inscrición.

O único requisito para participar será que cada participante deberá traer consigo un produto de hixiene ou produto non perecedoiro para o banco de alimentos do Concello.

Está pasando!