Samaín no Río, catro noites de música en Pontevedra con vinilos e rostros locais

28 Outubro 2021

Con motivo da ponte propiciada pola celebración de Todos os Santos, o Concello de Pontevedra programou un ciclo especial de actuacións no Recinto Feiral con forte base local.

Catro picadiscos da cidade encherán e mesturarán melodías de seu na explanada superior da instalación pública.

Desde o xoves 28, até o domingo, 31 de outubro, ambos os dous incluídos, realizarase unha actuación diaria ás 22:00 horas que rematará ás 01.30 horas. Os DJs son os seguintes:

Malaguita – Xoves 28 de outubro

•  N. Skillzz – Venres, 29 de outubro

•  Doc – Sábado, 30 de outubro

•  Lúa Zalamera – Domingo, 31 de outubro


Está pasando!