Presentación do ciclo San Roque Rock | Concello de Pontevedra

San Roque Rock propón dúas xornadas de alta intensidade entre acordes e calidade sonora

24 Xullo 2025

O novo ciclo, incluído por vez primeira no programa das Festas do Verán de Pontevedra, achegará até a Alameda as cancións de Fortunas, Tangomango, Los Bengala, Helena Egea, The Bo Derek’s e Los Tiki Phantoms ao longo desta fin de semana


O rock será o principal denominador nas actuacións que a Alameda de Pontevedra acollerá esta fin de semana no ciclo San Roque Rock. Un novo grupo de concertos para este verán, que se desenvolverán entre o venres, 25 de xullo, e o sábado, 26 de xullo.

Fortunas, Tangomango, Los Bengala (o primeiro día) e Helena Egea, The Bo Derek’s e Los Tiki Phantoms compoñen un cartel sonoro emocionante e de alta cal idade, mesturando o talento emerxente de artistas como Helena Egea, gañadora na pasada edición dos Martin Códax da Música; a veteranía dos compoñentes de Fortuna ou Tangomango; a festa dos Bengala, o poderío dos Bo Derek’s ou o brillante surf dos Tiki Phantoms.

San Roque Rock estréase dentro do programa das Festas de Verán como un ciclo para os amantes das guitarras eléctricas e dos sons clásicos, lembrando que durante o estío, en Pontevedra un podo atopar unha sorpresa en cada recuncho e unha actividade para cada gusto.

Está pasando!