Presentación do XIV Concurso Sanxenxo Degusta Tapas | Concello de Sanxenxo

Sanxenxo Degusta Tapas regresa coa participación de 28 locais de hostalería e 44 tapas

16 Maio 2025

O concelleiro de Turismo, Juan Deza, presentou a edición catorce do concurso na Casa Mariñeira de Don Fernando


Sanxenxo volve converterse esta fin de semana no epicentro do tapeo, apenas unha semana despois da celebración do Portonovo Gastronómico. A Casa Mariñeira de Don Fernando acolleu a presentación do XIV Concurso Sanxenxo Degusta Tapas, unha proposta que contará este ano con récord de participación con 28 establecementos participantes e un total de 44 tapas, 20 tradicionais e 24 creativas.

Acompañado dunha representación dos locais, o concelleiro de Turismo, Juan Deza, destacou que “o Concello da man da hostalería busca poñer en valor a calidade da nosa gastronomía, do noso produto e dos nosos cociñeiros e cociñeiras”.

Presentación do XIV Concurso Sanxenxo Degusta Tapas | Concello de Sanxenxo

Os restaurantes que participarán nesta edición serán A Codia, Arrozaría Boca do Río, Asador Rosendo, Cervecería El Aviador, Chiringuito Prado Bello, Gastro Bar La Cueva, La Mar Brava, A Fonte Vella, Asador Aserradero, Cervecería Azor, Cervecería El Puerto, Esencia Nosa by Salgadoiro, Hotel Riveiro, Mar do Pintor, Marlima II, O Forno, O Risonsiño, Pepa A Loba, Restaurante El Pescador, Restaurante Xerfa, Restaurante Lilaina, O Buraco, O Laberinto, O Vasko, Restaurante Fidel, Restaurante Ollares da Ría, Taberna A Batea e Terraza del Mar.

Desde hoxe venres, 16 de maio e ata o 1 de xuño poderanse degustar tapas por un prezo de 4 euros a unidade en cada local participante. Os clientes dispoñerán dun Degusta Mapa coa localización de todos os establecementos, que serán valorados polo público, encargado de elixir a mellor tapa creativa e a mellor tapa tradicional. Tan só aquelas persoas que proben tapas en polo menos cinco locais poderán votar a mellor tapa, que recibirá un diploma acreditativo.

Os clientes participarán en sorteos de distintos agasallos, como estancias hoteis, visitas a adegas ou ceas.


Está pasando!