Manu Lourenzo presenta o Entruido 2025 | Concello de Soutomaior

Soutomaior presenta a programación do seu Entruido 2025

18 Febreiro 2025

O alcalde, Manu Lourenzo, presentou esta mañá o Entruido de Soutomaior deste 2025, que dará comezo o sábado 22 de febreiro, co Desfile de Comparsas a partir das 17:30 horas.

Do 22 de febreiro ao 5 de marzo, a tradición, o divertimento a música e a cultura daranse cita no Concello de Soutomaior para celebrar unha das datas máis agardadas do ano.


Manu Lourenzo presenta o Entruido 2025 | Concello de Soutomaior

A programación do Entruido de Soutomaior 2025 é a seguinte:

 SÁB 22 FEB 

DESFILE DE COMPARSAS

17:30h. Inicio do desfile desde a rúa Calvario ata a Alameda de Talo Río.

A partir das 20:00h. Talo Río. Lectura do Pregón a cargo de ‘JUAN DE ARCADE’.

Entrega de premios.

Verbena co TRÍO AZABACHE.

 DOM 23 FEB 

OBRADOIRO DE MÁSCARAS TRADICIONAIS E ANTEFACES

10:00 – 14:00h. Casa da Cultura Rexina Miguez Noval (Soutomaior).

Público+10 anos. 15 prazas.

Inscrición en liña ata xoves 20 de febreiro ás 14:00 h.

 VEN 28 FEB 

PASARRÚAS CEIP MANUEL PADÍN TRUITEIRO

10:30h. Inicio no Cruce de subida ao colexio. Desfile polas rúas de Arcade ata Talo Río.

 SÁB 1 MAR 

ENCONTRO DE ENTRUIDOS

13:00h. Casa do Pobo da Pedreira. Sesión vermú a cargo de FANFARRIA FURRUXA.

XANTAR VECINAL DO GALO CON ARROZ

14:30h. Casa do Pobo da Pedreira.

O xantar custará 15€/persoa (inclúe a comida, bebida e sobremesa).

Prazas limitadas. Os vales do xantar mércanse nas asociacións do municipio.

PROCESIÓN DO GALO

17:00h. Casa do Pobo da Pedreira.

Verbena con música popular e co ‘DÚO MAREMA’.

Xogos e actividades infantís.

 DOM 2 MAR 

FESTA DE ENTRUIDO INFANTIL: QUIQUIRIQUI! O GALO CORRE AQUÍ

17:30 – 19:30h. Talo Río. QUIRICAS E QUIRICOS xogos e animacións de rúa e a continuación…

Espectáculo GRAN BARAFUNDA NO GALIÑEIRO.

 MAR 4 MAR 

FIADA DE ENTRUIDO

20:30 – 00:00h. Talo Río. Música, baile, petiscos e moita troula.

 MÉR 5 MAR 

ENTERRO DA SARDIÑA

19:30h. Praza de Cima de Vila (Arcade).

Percorrido: Praza – Xosé Solla – Campo da petanca.

Únete a este cortexo e sepelio.

Participan:

  • Banda Artistica de Arcade Asociación A Xesteira
  • Asociación Moreira a Tope
  • Asociación Cultural Miúdos

Todas as actividades son DE BALDE, agás as indicadas neste programa.


Está pasando!