Rosana Martínez Boullosa e Manu Lourenzo presentan o programa ‘Verán Activo. Soutomaior 2025’ | Concello de Soutomaior

Soutomaior presenta a programación do seu ‘Verán Activo’

9 Xuño 2025

Manu Lourenzo, alcalde de Soutomaior, e Rosana Martínez Boullosa, concelleira de Mocidade, Igualdade e de Benestar Social, presentaron o programa municipal de lecer e tempo libre ‘Verán Activo. Soutomaior 2025’.

Dende o Concello de Soutomaior ofrecen, con este programa, alternativas de ocupación do tempo libre mediante unha ampla oferta dirixida a todos os públicos, animándovos a que participedes durante esta época estival.

O programa inclúe:

  • Actividades deportivas para todas as idedes como Deporte con rede; Lecer deportivo; Camiñadas; Bailes deportivos; Campus deportivo; Deportes de aventura e no medio natural.
  • Actividades para maiores + 60 anos para promover o benestar integral e o avellentamento activo con actividades en grupo como: Petanca; Picklebal; Bailes; Camiñadas.
  • Actividades en familia para compartir o tempo libre e conectar cos Mércores en familia, cos Venres hai tema! e coa Festa da escuma e inchables.
  • Campamentos de verán para a mocidade, para promover a diversión, a aprendizaxe e a socialización co Campamento de Surf en Razo, co de Inmersión lingúistica en inglés na Estación de Manzaneda e co de tecnoloxías “Cri Tic”.
  • Actividades inclusivas para facilitar a participación tendo en conta a diversidade nos espazos de entretemento, deporte e recreación.

Inscricións en liña para todas as actividades do 9 de xuño ás 9:00h ata o 20 de xuño ás 21:00h. (agás para o campamento de baloncesto cuxa inscricións será ata do 9 ao 30 de xuño e para o campamento “Cri-Tic” que será do 9 ao 13 de xuño).

As inscricións serán a través do apartado de pre-inscrición de actividades en soutomaior.gal

Está pasando!