Presentación da Semana Grande de Soutomaior 2025 | Concello de Soutomaior

Soutomaior presenta a segunda edición da súa Semana Grande, que terá lugar entre os días 1 e 7 de agosto

18 Xullo 2025

O alcalde Manu Lourenzo, acompañado dos concelleiros Diego Moreira e Rosana Comesaña, varios cociñeiros de Soutomaior e o párroco de Soutomaior, Gabriel Gómez, presentou a segunda edición da Semana Grande de Soutomaior.

Unha semana de celebración, do 1 ao 7 de agosto, que permitirá a todos os veciños e veciñas xuntarse para precisamente iso, celebrar a boa música, a boa gastronomía e sobre todo o bo ambiente que hoxe hai en Soutomaior.

SÁBADO, 2 DE AGOSTO

TORREIRO DA FESTA DA DEZ (CANDÁN)

  • 22:00h. Discomóbil ‘Elation’
  • 23:00h. Orquestra ‘América de Vigo’
  • 02:00h. Discomóbil ‘Elation’

DOMINGO, 3 DE AGOSTO

CONTORNA DA IGREXA DO DIVINO SALVADOR

  • 11:00h. Mercado. Asociación de empresarios de Arcade e de Soutomaior
  • 12:00h. Sesión vermú Aires da Castrelada
  • 12:30h. Cociña en directo e degustación
  • 13:00h. Sesión vermú Aires da Castrelada
  • 14:15h. Xantar popular da veciñanza (con inscrición)
  • 17:00h. Actuación Trío Azabache

TORREIRO DA FESTA DA DEZ (CANDÁN)

  • 22:00h. Discomóbil CDC
  • 23:00h. Orquestra Panorama
  • 02:00h. Discomóbil CDC

MARTES, 5 DE AGOSTO

TORREIRO DA FESTA DA DEZ (CANDÁN)

  • 22:00h. Discomóbil Disquetoka
  • 23:55h. Fogos de artificio
  • 00:00h. Orquestra ‘Combo Dominicano
  • 03:00h. Discomóbil Disquetoka

MÉRCORES, 6 DE AGOSTO

CONTORNA DA IGREXA DO DIVINO SALVADOR

  • 20:30h. Procesión polo Día do Patrón
  • 20:30h. Banda de Música Artística de Arcade

TORREIRO DA FESTA DA DEZ (CANDÁN)

  • 22:30h. Orquestra ‘Gran Parada’

XOVES, 7 DE AGOSTO

ERMIDA DE SAN CAETÁN (CASTELO DE SOUTOMAIOR)

  • 13:30h. Sesión vermú a cargo de ‘Catro ventos’ pola Romaría de San Caetán (haberá polbo)

Haberá servizo de autobús lanzadeira que irá desde o Pavillón da Montesiña ‘Alfonso Pazos’ ata o Torreiro da Festa da Dez (Candán) en horario de 21:30 a 23:30 horas horas e de 00.00 a 03.00 horas.

SEMANA GRANDE DE SOUTOMAIOR

Unha celebración que parte da conmemoración do día de San Salvador (Patrono de Soutomaior) e da romaría tradicional de San Caetán e que ofrece na primeira semana de agosto un programa de actividades e eventos de diversa índole que manteñen en esencia os costumes máis arraigados e identitarios do pobo de Soutomaior.

Está pasando!