Cristina Acuña e Yonathan Carreira na presentación do VI Stock Marín | © Concello de Marín

Stock Marín abrirá as súas portas mañá para ofrecer grandes descontos durante toda a fin de semana

1 Agosto 2024

Coincidindo coa clásica tempada de rebaixas de verán, o Centro Comercial Aberto Estrela de Marín pon en marcha, coa colaboración do Concello, do venres 2 ao domingo 4 de agosto, a VI edición da Feira Stock Marín, para ofrecer a todas aquelas persoas que pasen pola Alameda grandes descontos durante toda a fin de semana.

Participan 22 establecementos da vila de sectores como moda home e muller, moda infantil, llencería, complementos do fogar, calzado para todas as idades, deportes, bisutería, informática, alimentación, papelaría, cosmética, material escolar e xoguetería.



Os establecementos participantes son: A Mi Love, Acolá, Alma Libre, Bambino, Beep, Bolboreta, Calzados Inés Marcos, Carmencitas, Ché-b-re, Delirious?, Deportes Xesta, El Armario de Alia, El Rincón de Nicy, Espazo Lector Nobel, Five Sport, Inés & Marcos, Paíno & Maína, Servilar Decoración, Tamara Onlinee, Tamara Piel, Toscana Store e Varita Mágica.

A inauguración será mañá venres ás 13.00 horas na Alameda Rosalía de Castro de Marín. O horario do evento será de 11:00 a 14.00 horas e de 18:00 a 22:00 horas e a entrada será libre e gratuíta.

Ademais, coa finalidade de premiar as compras que se efectúen durante o evento levarán un agasallo promocional, consistente nun parasol, que se serigrafía cos logos da Xunta de Galicia, do Comercio do Morrazo e do Centro Comercial Aberto Estrela de Marín e de bolsas reutilizables.


Está pasando!