Teatro, música, arte e cinema para rematar o ano en Pontevedra

15 Outubro 2020

A concelleira de Cultura Carme Fouces presentou está mañá “o compendio de actividades culturais que terán lugar no último trimestre – distópico – do 2020” en Pontevedra, sempre tendo presentes as medidas e restricións sanitarias derivadas da situación actual que tal e como lembrou Carme “a pandemia motivou que tiveramos que mudar, cancelar, desprazar de espazo, cancelar ou transformar algunha das actuacións ou dos ciclos habituais da nosa programación habitual, aínda que procuramos manter un fluxo cultural importante”.

No que respecta á Sala de Exposicións do Pazo da Cultura, que adoita estar ocupada todo o ano, Fouces apuntou ao éxito da mostra de Morquecho que rematou a finais de setembro logo de case 3 meses para dar paso a mostra do 10º aniversario de “Na beira do río. Diálogos na pintura” comisariada por Ramón Rozas que recopila o traballo dos/as artistas que participaro nas 9 edicións anteriores.  Contará próximamente con visitas guiadas – cun aforo de 10 persoas e baixo as medias e limitacións vixentes – para estudantes en horario matinal e para público en xeral. Estas últimas, cunha duración aproximada de 40 minutos terán lugar os mércores 21 e 28 de outubro e 4 e 11 de novembro previa inscrición no correo comunicacion@pazodacultura.org indicado nome completo do  interesado/a, un teléfono de contacto e a data na que lle  gustaría asistir.

O programa habitual de Ponteatro estará composto por 5 espectáculos:

  • “Vida de Cans”  de Talía Teatro – xoves 22 de outubro ás 21:00h. no Principal
  • “Falar por Falar” de Volta e dalle  – xoves 12 de novembro ás 21:00h. no Principal
  • “Camiños” de ButacaZero – xoves 26 de novembro ás 21:00h. no Principal
  • “O meu mundo non é deste reino” de Teatro da Ramboia – xoves 3 de decembro ás 21:00h. no Principal

Todos estes, que inician hoxe a súa venda anticipada en Ataquilla.com cun aforo máximo de 60 persoas sentadas por separado – ampliados no caso de que as autoridades levanten as restricións vixentes a día de hoxe –  manterán o prezo de edicións anteriores cun custo de 8€ para público en xeral e de 4€ para estudantes, parados e xubilados.

O 5º espectáculo será “Fariña” incluído no ciclo Ponteatro aínda que terá lugar no Auditorio do Pazo da Cultura. Contará con 8 pases en total repartidos en 4 días: o 10,11, 12 de decembro ás 18:00 e ás 22:00 h. e o domingo 13 de decembro con pases ás 17:30 e 21:30 h.  As entradas que terán un prezo a partir de 18€, aínda non están á venda á espera de que a situación se estabilice e sexa posible ampliar os aforos.

A nova situación implicará cambios no sistema de venda na billeteira física que pechará 1h antes do inicio do espectáculo para facilitar a entrada escalonada de público abrindo, no caso de ser o pase ás 21:00 h,. en horario de 19:00 a 20:00 h.

Con respecto á programación musical, apartado no que Carme aproveitou para lembrar e éxito do concerto de “volta á normalidade” do 4 de xullo no que se fusionarion os ciclos Voices e Matinés do Principal da man de Guadi Galego e Xabier Díaz, a actuación de ELE das Matinés do Principal, prevista para este sábado 17, terá lugar finalmente o 21 de novembro no Principal. Sobre a venda de entradas, a un prezo de 18 e con descontos do 50% a menores de 14 anos, una vez rematado o prazo de devolución de entradas (que finaliza hoxe ás 23:59h) para os posuidores que non poidan ou queiran asistir na nova data, e una vez reubicados os restantes segundo o plano actual de 60 persoas sentadas de xeito individual, o martes 20 sairán á venda as entradas restantes, que poderán ampliarse no caso de levantarse as retricións vixentes antes da data de celebración.

O concertó de Manel, do mesmo ciclo, terá lugar o 5 de decembro e ten xa cuberto o aforo de 60 butacas que se pode ofertar na actualidade. Achegándose a data de celebración e en función de se hai devolucións por mor do cambio de data ou se é viable a ampliación do aforo, as entradas estarían á venda como vén sendo habitual en Ataquilla.com

Están previstos ata final de ano  as actuacións de SÉS o 7 de novembro e Carlos Núñez o 27 de decembro- ambas no Auditorio do Pazo e pendentes de lanzar as entradas á venda nas próximas semanas á espera de que se estabilice a situación e sexa posible ampliar os aforos.

Os de Algurés presentarán o seu tradicional espectáculo, adaptado á nova situación o vindeiro 23 de outubro no Principal, con entrada libre pero cumprindo tamén coas restricións e medidas vixentes. Tamén no Principal terá lugar a presentación do último traballo musical do pianista Alberto Vilas “Na ialma” pendente de fixar unha data que daremos a coñecer próximamente.

Carme avanzou tamén que a Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra xa está a ensaiar para o tradicional concerto de aninovo, que “todos temos xa ganas de que comece un ano novo e ese concerto mude un pouco a situación”.

Para rematar Fouces apuntou á “importancia da celebración entre o 27 e o 29 de novemebro da feira de industrias culturais do país, Culturgal no Recinto Feiral que contempla un formato adaptado ás circunstancias, convinando o presencial e o online un pouco en función de cales sexan as circunstancias no momento de celebrarse. Actualmente temos activo no web do Concello o formulario para a participación de 8 empresas culturais da cidade na feira a través do Bono Pontevedra Culturgal con convocatoria aberta ata o 3 de novembro”.

Con respecto ao cinema, continuarán ata final de ano as programacións do Cineclube e os Docs do mes e tamén está prevista a celebración de Novos Cinemas que se presentará no seu momento.

Sobre os cambios na lexislación dos aforos Fouces apuntou ao  “susto que levamos co lanzamento onte a noite da nova lexislación da Xunta que nos fixo dubidar momentáneamente sobre se as restricións afectaban aos aforos de cultura, pero xa temos claro que prevalece a orden vixente ata o momento no Concello de 60 persoas para os espectáculos e o das 10 persoas para evitar que se formen grupos de xente á entra e saída aos mesmos”.

Fouces rematou a súa intervención apuntando ao “novo impulso que lle estamos a dar á cultura en Pontevedra e queremos traballar a pesares das dificultades que temos e que veño de explicar. Como podedes ver – en referencia á nova Sala de Prensa – o Principal está a sufrir modificacións, novos espazos versátiles e é probable que pronto se inicien obras na platea, accesibilidade, iluminación, estrutura, etc. polo tanto dependemos un pouco desas obras para asegurar que toda a programación que é do Teatro Principal se vai celebrar no Teatro Principal. A xente debe saber que imos a empregalo ata que se inicien as obras , pendentes dun trámite administrativo, pero no momento que boten a andar trasladaremos a programación ao Pazo da Cultura. Creo que vamos a darlle un impulso as instacións do Teatro que ben o merecen como lugar emblemáico da cidade. Esto só será unha primeira fase e continuaremos levando a cabo diferentes actuacións ata que o teatro loza como merece a cidade”.

Está pasando!