Tiktokconsentidiño, creatividade e reforzamento das habilidades sociais a través de actividades de lecer

10 Marzo 2022

Tiktokconsentidiño é unha actividade aberta a mozos e mozas de 12 a 17 anos que terá lugar o luns 18 de marzo na Casa da Cultura de Redondela.

Ofrecer un espazo onde as mozas e mozos con idades comprendidas entre os 12 e 17 anos poidan descubrir o seu talento creativo e, ao mesmo tempo, mellorar a súa autoestima, capacidade de expresar emocións e relacionarse co seu entorno, é o obxectivo que busca o obradoiro #Tiktokconsentidiño, que se desenvolverá o vindeiro venres, 18 de marzo, na Casa da Cultura entre as 16:30 e as 19:00 horas.

A iniciativa, posta en marcha pola Concellería de Xuventude que xestiona Olga García Ballesteros, as e os participantes utilizarán a rede social Tiktok, unha das que nestes momentos experimenta maior crecemento, con fines educativos e saudables.

A alcaldesa Digna Rivas subliña a importancia dunha actividade na que “mozas e mozos vivirán a experiencia de crear contido positivo, baseado en valores e, ao mesmo tempo, realizando unha actividade divertida”.

O obradoiro, propón que, partindo dunha idea ou un tema polémico para a súa idade, as e os participantes elaboren un vídeo curso coa ferramenta Tiktok, podendo optar a premios en función da calidade, contido, orixinalidade e creatividade de cada vídeo. Segundo apuntan diversos estudos, ao realizar este tipo de actividades, “axúdase ao cerebro da mocidade a desenvolver a creatividade, pensar sen límites e expresarse tal e como son”.

Logo dunha introdución sobre Que é tiktok, en termos familiares para as e os participantes, (followers, tendencias, etc.) o obradoiro buscará a participación das mozas e mozos de xeito que se sintan preparados para participar de xeito individual e en equipo nas actividades propostas.

Xa no que fai referencia ao apartado da creatividade, no obradoiro daranse a coñecer as bases do concurso e das regras do xogo. Utilizando a rede social tiktok e un hastag creado con antelación exclusivamente para o obradoiro –#Tiktokconsentidiño,– crearanse equipos para realizar videos construtivos, creativos e divertidos escollendo un formato de gravación común para todos os participantes, estableceranse as normas e darase renda solta á creatividades de cada grupo.

Ao longo da actividades, as mozas e mozos aprenderán trucos de composición, de cor, aprenderán a crear planos interesantes e a xogar cos modos de gravación do teléfono, a música, etc. Para outorgar os diferentes premios valorarase de cada traballo a mensaxe/contido baseado nalgún valor, creatividade, orixinalidade na forma de conectar e transmitir a mensaxe, traballo en equipo e cumprimento das normas e tempos.

Está pasando!