O Son da Muralla | © Concello de Salvaterra de Miño

Todo listo en Salvaterra para unha nova edición do festival O Son da Muralla

3 Agosto 2023

  • Este sábado 5 de agosto volve O Son da Muralla cun elenco de dj´s nacionais e do panorama internacional
  • Como cada ano revísanse as medidas de seguridade ante a celebración do evento que atrae a tanta xente da nosa comunidade

Todo está listo para recibir este sábado ao público no recinto amurallado de Salvaterra de Miño. A pasada semana a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, e a concelleira de Cultura, Lorena Soto, mantiveron unha reunión con Garda Civil, Policía e Gardas Xurado para organizar o operativo de O Son da Muralla.

Tal e como salientou Marta Valcárcel “trátase dunha festa que crece cada edición e que require especial adicación para garantir a seguridade do público asistente”. Por todo iso, coordinanse ós equipos de seguridade, voluntarios e sanitarios ante calquera situación posible, cun protocolo activo en casos de acoso.

O Son da Muralla xa é un referente en Galicia posto que é o festival dj máis grande ó aire libre. O pasado ano foron 13.000 as persoas que se achegaron ata o recinto e prevese que nesta edición o festival continúe crecendo.

O elenco de artistas fórmano DaniJay, DJ Charlie, Jorge Álvarez, DJ Canhon, Floorfilla, Marsal Ventura e Sara Santini nun espectáculo con entrada gratuíta no que haberá 6 pantallas retransmitindo en directo ademais de 66.000 vatios de son e 70.000 de luz.


Está pasando!