Presentación das Festas de San Vicente 2025 en Trasmañó | Concello de Redondela

Trasmañó festexa o seu patrón San Vicente con tres días de celebración e a XIV Festa do Cocido

22 Xaneiro 2025

A parroquia redondelá de Trasmañó celebra esta semana a festa patronal, gastronómica e cultural do seu patrón San Vicente. A alcaldesa, Digna Rivas, e a concelleira de Cultura, Rita Táboas, presentaron o evento xunto a Juan González, Fran Gómez, Fran Carreira e Benito González, da comisión de festas.

Serán os días 22, 25 e 26 de xaneiro e contarán cunha gran carpa climatizada. Haberá actuacións musicais, baile, eventos litúrxicos, verbenas, xogos populares e unha gran festa do cocido que alcanza a súa 14ª edición.

A primeira xornada de festas será o mércores 22. A primeira hora haberá unha salva de bombas anunciando o día do patrón, San Vicente. Unha hora despois comezarán os pasacalles polos diferentes barrios da parroquia a cargo da Banda de Gaitas Foula.

Seguiranlle varias misas. A das 13:00 horas será cantada e unha vez finalice haberá tirada de fogos artificiais e sesión vermú. Este día haberá toda a mañá unha pulpeira con prezos populares.

O sábado día 25 celebrarase desde as 10:00 horas a VI Concentración de Vehículos Clásicos. Desde a organización explican que este ano esperan superar a cifra de participantes do ano pasado, cando se reuniron máis de 120 coches clásicos de toda Galicia e norte de Portugal. Os vehículos farán un percorrido pola parroquia e participarán nun sorteo de agasallos.

Ao longo da mañá tamén haberá un espazo gastronómico con pulpeira e racións de callos. Xa pola tarde haberá unha misa (17:00 horas), cucañas e xogos populares (17:30 horas).

Pola noite continuará a festa cunha gran verbena amenizada polas orquestras Marbella e Escaparate. Comezarán ás 22:00 horas. Pasada a medianoite haberá fogos artificiais.



XIV Festa do Cocido de Trasmañó

O último día de festa nesta parroquia de Redondela será o domingo 26 de xaneiro. O prato forte deste día é a 14ª edición da Festa Gastronómica do Cocido de Trasmañó.

O xantar comezará ás 14:00 horas. Antes haberá unha misa en honra a San Blas (13:00 horas) e unha sesión vermú amenizada polas pandereteiras Ledicia de Trasmañó.

Na sobremesa actuarán as pandereteiras Sen Querer, do Viso, e tamén haberá sorteos e xogos con premios. Ao remate haberá unha sesión musical con baile.

Desde a comisión de festas recomendan aos interesados reserva xa os seus vales, porque o aforo é limitado. A alcaldesa, Digna Rivas, anima a toda a veciñanza a participar desta festa tradicional “e gozar da gastronomía tan nosa e típica deste tempo”.

Os vales para reservar o cocido poden mercarse nos teléfonos 663 176 951 e 670 884 419 ou na cafetería Rodeo, en Rande.



O luns, día 22, a xornada comezará ás 09.00 horas cunha salva de bombas anunciando o día do Patrón. Desde as 10.00 horas o grupo de gaitas Foula percorrerá as rúas dos diferentes barios da parroquia.

Oficiaranse misas ás 10.30, 11.45 e 13.00 horas, Ao finalizar os actos relixiosos haberá unha gran tirada de lumes e sesión vermú a cargo dos gaiteiros de Foula.

A concelleira de Cultura, Rita Pérez, amosou o seu agradecemento “aos veciños e veciñas que fan posible que estas celebracións parroquias se manteñan e manifestou o compromiso do Concello para seguir colaborando con eles”.

Está pasando!