Treixadura, Sondeseu e Pauliña actuarán no Festival Xironsa

1 Xullo 2022

O Festival Xironsa leva outro ano máis a súa proposta musical con múltiples actividades á parroquia de Corvillón, en Cambados.

Organizado pola Asociación Cultural Xironsa de Corvillón, o festival celebrarase os días 8, 9 e 10 de xullo no Pazo de Torrado.

Ademais das actuacións musicais, este ano contará cun mercado artesán, zona de acampada gratuíta, xantar xironsa, degustación de produtos do mar e zona infantil.

PROGRAMA

Venres 8 de xullo

  • Oîma
  • Sondeseu
  • Louband
  • Señora. Dj

Sábado 9 de xullo

  • Mecos de Ogrobe
  • Ghaveta
  • Xironsa
  • Xurxo Fernandes
  • Pauliña
  • Pajarito
  • La Quinkillada
  • Señora e Señor. Djs

Domingo 10 de xullo

  • Volandeira
  • Boudebou
  • Faíscas de Pontraga
  • Peter Punk
  • Onte e Hoxe
  • Circo Chosco
  • Treixadura

Ademais o domingo 10 tamén se celebrará o XI Xantar Xironsa, onde o menú estará composto por empanada, churrasco, viño, auga, pan, café, chopo e sobremesa. O prezo será gratis (para menores de 5 anos), 10€ (para nenos de 6 a 14 anos) e de 20€ (para maiores).


Está pasando!