Praza de Mugartegui | Atlantis Comunicación

Turismo de Pontevedra pon en marcha desde este luns as visitas guiadas á cidade da tempada estival

23 Xuño 2025

  • Os percorridos guiados comezarán o 23 xuño e estenderanse ata o 30 de setembro, e teñen unhaduración de 1 hora e 45 minutos
  • Pódese coñecer a oferta, e facer a reserva de praza, a través da web oficial da empresa turística municipal visit-pontevedra, ou de xeito presencial na oficina de turismo

As visitas guiadas promovidas pola empresa municipal Turismo de Pontevedra comezan a tempada estival este luns 23 de xuño; unha programación que se estenderá ata o 30 de setembro. As visitas estivais súmanse ás organizadas coincidindo cos períodos vacacionais habituais: en Semana Santa e ponte da Constitución.

Ademais, hai visitas guiadas a demanda (para grupos, delegacións de visitantes, convidados institucionais, etc.) durante todo ano. É o caso, nestes días, dos roteiros en inglés, que están en marcha, co gallo do World Multisport Pontevedra 2025.

As visitas patrocinadas polo Concello de Pontevedra e Turismo de Pontevedra teñen unha duración de 1 hora e 45 minutos, inclúe a entrada a monumentos e son, en xeral, en español. O uso do inglés ou outro idioma atenderase se hai demanda xustificada.

Ao fronte delas van guías oficiais de turismo, cunha ampla traxectoria profesional, que mergullan aos visitantes na historia, cultura, monumentos da Boa Vila e achéganlle as vantaxes da vida a pé de rúa e da gastronomía dunha cidade acolledora, aberta, diversa e amable.

As persoas interesadas en participar nestas visitas guiadas poden coñecer a oferta, e facer a reserva de praza, a través da web oficial da empresa turística municipal visit-pontevedra, ou de xeito presencial na oficina de turismo (praza de España s/n, esquina avda. Montero Ríos).

É, desde aquí, onde parten cada día, arredor dunha guía cun recoñecible paraugas verde, de acordo ao seguinte horario:

  • Do 23 ao 27 de xuño: ás 11.30 horas.
  • Do 30 de xuño ao 14 de setembro: 11.30 e 18.30 horas (agás domingos e festivos, que terá só
    quenda de mañá, ás 11.30).
  • Do 15 ao 30 de setembro: 11.45 e 17.30 horas (agás domingos e festivos, que terá só a quenda das 11.45 )

O custe da visita é de 7 euros, aínda que hai tarifa reducida de 5 euros para persoas desempregadas, xubiladas, con discapacidade e para visitantes aloxados na cidade. Para menores de 12 anos é de balde.

Por outra banda, da web de Turismo de Pontevedra poden ser descargados folletos turísticos da Boa Vila nos seguintes idiomas: español, inglés, francés, alemán, italiano, portugués e francés.

Está pasando!