Un ano máis A Illa dos Ratos volve coas súas rutas guiadas gratuítas por Moaña e Cangas

16 Xuño 2022

Un ano máis a asociación A Illa dos Ratos volve para propoñernos unha maneira amena e didáctica de coñecer o noso entorno a través das súas rutas guiadas.

Nesta ocasión presentan simultaneamente ‘Descubre Moaña no verán 2022’, un proxecto de 11 rutas no que volvemos a colaborar co Concello de Moaña e ‘Verán en ruta 2022’ que estará composto por 8 rutas en diferentes localizacións de Cangas.

Coma sempre as rutas son totalmente gratuítas pero ao finalizar os percorridos, as/os guías ofrecerán aos asistentes a posibilidade de facer unha colaboración simbólica e voluntaria a favor da asociación que empregarán para a realización doutros proxectos.

Descubre Moaña no verán

Neste programa de rutas, organizado por A Illa dos Ratos en colaboración co Concello de Moaña, os asistentes terán a oportunidade de descubrir a historia e algúns dos lugares máis interesantes de Moaña.

As rutas que se levarán a cabo serán ‘A Moaña mariñeira’, ‘Canteiras do litoral de Moaña’, ‘San Martiño’, ‘Sendeiro da Fraga’, ‘Sendeiro de Rialdarca’, ‘Intermareal de Tirán’, e ‘Literaria – O último barco’ e a gran novidade desta tempada,“A Poza da Moura de Domaio“.



Verán en Ruta 2022

Para Cangas A Illa dos Ratos presenta un programa de rutas que inclúe grandes clásicos dos últimos anos como “Massó, o sentir dun pobo“, “Cangas 1617, A defensa da Vila” ou “Rúas con Historia“, mesturados con outras rutas tamén moi interesantes como “Senda Costeira de Areamilla” , “Cabo Home e a Costa da Vela” ou a ruta máis esperada por moitos de vós “Aldán, un condado a beira do mar“.



Se estades interesados en asistir teredes que darvos moita présa porque as prazas son limitadas e a demanda moi elevada.

Os interesados poden inscribirse previamente por whatsapp no 611 08 08 53. Nun principio hai un límite de 30 prazas por ruta e unha vez sexan completadas habilitaranse as correspondentes listas de espera.

Está pasando!