Un ano máis sen Feira Franca en Pontevedra

17 Agosto 2021

O Concello de Pontevedra confirmou esta mañá que non haberá Feira Franca este ano 2021. A decisión xa é definitiva, logo de varias semanas estudando posibilidades e opcións.

A esencia da Feira Franca parte «da reunión de grandes grupos de xente en mesas particulares e de hostalaría, comendo e gozando», polo que as medidas restritivas que entran en vigor este martes, 17 de agosto, fan «inviábel» calquera tipo de celebración deste tipo.

Ademais das novas restricións de aforo, tamén poden chegar restricións de horario —a información transmitida pola Xunta é ambigua neste aspecto— polo que é imposíbel prever que medidas serán as vixentes no momento da celebración, e imposibilita calquera tipo de planificación nese sentido. «Colleremos forzas para o vindeiro ano e adicaremos recursos a renovar pezas e estandartes».

Doutra banda, o Concello sinala que tampouco instalará ningún tipo de decoración medieval, perante a imposibilidade darlle un servizo ou unha ambientación real e social. Instalala podería levar a confusión por parte de veciños e visitantes, polo que non se realizará ningunha actuación nese eido.

Está pasando!