Un espectáculo de teatro musical achegará á rapazada de Vilagarcía á música dos Beatles

15 Abril 2022

The Beatles, un fito da música pop do século XX e todo un clásico da música moderna, pon a banda sonora e argumental a ‘Little Neno descobre… os Beatles’, o musical infantil que se representa no Auditorio Municipal de Vilagarcía o sábado, 23 de abril ás 18.00 horas.

Este animado musical promovido pola compañía galega Reixa Producións chega a Vilagarcía a través da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios conveniada entre o Concello e a Agadic.

O espectáculo está dirixido principalmente a nenos e nenas de entre 2 e 12 anos e ten unha duración de 45 minutos.

O espectáculo conta cun elenco de actores e actrices composto por Marco Aurelio González Ortiz, Nieves Rodríguez Román, Alfonso Espiño Rubio, Cristina Fuentes Gutiérrez, David Vázquez Rodríguez, Carla Alvarez Gonzalez, Tareixa Martínez Barral e Francisco Javier Villasenín Montoiro.

As entradas xa están a venta a través de Ataquilla.com ao prezo de 5 euros para adultos e 3 euros para público de ata 13 anos (máis gastos de xestión). Se non se esgotan antes, tamén se porán á venta na billeteira do Auditorio o día da función, a partir das 16.00 horas, e sen gastos de xestión.

‘Little Neno descobre… os Beatles’

Cando Little Neno queda durmido sempre suceden cousas estrañas. Pero estrañas de verdade… Renato, o seu oso de peluche, marchou nun curioso submarino amarelo. Para atopar ao seu querido amigo, Little Neno terá que contar coa axuda de personaxes sorprendentes coma o tolo do outeiro, o home ovo, Lucy no seu ceo de diamantes e unha morsa. E todo aderezado coa música da banda de Liverpool que fará bailar e cantar tanto ao público infantil como ao de máis idade.

Está pasando!