‘100 Voltas’ | © DYOD

Verónica Codesal abre o verán cultural de Salvaterra de Miño presentando por primeira vez en Galicia o seu novo álbum “100 Voltas”

7 Xullo 2023

A actuación de Verónica Codesal terá lugar o venres 28 de xullo no recinto amurallado de Salvaterra de Miño con entrada gratuíta e será o primeiro dos concertos que albergará este entorno privilexiado durante os meses de xullo e agosto.

O Verán Cultural en Salvaterra de Miño comeza o 28 de xullo por todo o alto coa actuación dunha artista galega pero recoñecida fora das nosas froteiras. Verónica Codesal é a única galega que gañou o 2 premio de Eurovisión representando a Bélxica no festival e ademais posúe 9 discos como integrante dos grupos Ialma e Urban Trad.

Agora en solitario presenta por primeira vez en Galicia o seu proxecto propio “100 Voltas” xunto ós músicos Didier Laloy co acordeón diatónico, Damien Chierici ao violín e Boris Tchango coa percusión e batería.



VERÁN CULTURAL 2023

Un dos grandes atractivos culturais do Concello de Salvaterra de Miño é o Verán Cultural non só para os seus veciños e veciñas senón para moita xente doutros concellos que se achega cada ano para desfrutar da súa programación.

Como pioneiros nesta axenda cultural que é renovada cada ano e conscientes da importancia que ten para Salvaterra de Miño, nesta edición amplíase o tempo de duración con eventos imprescindibles que comezarán o 28 de xullo e que continuarán ata o 27 de agosto.

Trátase dun gran esforzo por parte do Concello de Salvaterra de Miño para ofrecer actividades culturais tanto para maiores como para os máis pequenos.

Nesta edición, ademais dos concertos de grandes artistas e grupos como Verónica Codesal o 28 de xullo, Carlos Núñez o 29 de xullo, A Roda e Lucky Duckies o 25 de agosto, Son de Seu e Fanfarria Taquicardia o 26 de agosto e O Fiadeiro, La Sombra de Justine e La Patrulla o 27 de agosto.

Outra parte importante da programación serán eventos recoñecidos: O Mundo a Danzar o 31 de xullo, O Son da Muralla o 5 de agosto, Imos de Guateque o 12 de agosto e os días 25, 26 e 27 de agosto a Festa do Viño que serán eixe principal das actividades do Verán Cultural.

Os concertos complétanse con outras actividades nas que destacan as infantís onde os cativos teñen un papel protagonista.

Proximamente avanzaremos o programa cultural completo.

Está pasando!