Viaxa no tempo á Pontevedra medieval e renacentista a través das visitas teatralizadas de Visit Pontevedra

12 Xullo 2022

Embárcate nunha divertida viaxe por unha banda da historia real e imaxinaria da Pontevedra medieval e renacentista. Déixate acompañar por personaxes doutras épocas e doutros mundos que che descubrirán algúns segredos da Boa Vila.

As persoas participantes son conducidas por varios personaxes a modo de guías polas rúas e prazas dunha parte do centro histórico.

Neste percorrido, evocaranse feitos e personaxes históricos coñecidos como o “Fiel Contraste”, Alonso de Fonseca, Tristán de Montenegro, Pedro Madruga, Paio Gómez Chariño, Xoán Nobre , Cornelis de Holanda… e tamén merecerán un recordo especial os homes e mulleres anónimos que habitaron esta vila e a súa contorna ao longo dos séculos, mediante a recreación de escenas da vida cotiá.

A visita transcorre na contorna da Praza de España e a Basílica de Santa María e corre a cargo da compañía Migallas Teatro.

Tarifas

  • Xeral: 8€
  • Reducida: 5€ (Parados/as, estudantes, xubilados/as, pontevedreses/as, familias numerosas)
  • Ata 12 anos: de balde

Horarios

  • 15, 16, 17, 22, 23, 24, 25, 28, 29 e 31 de xullo de 2022 ás 22.00 h.

Punto de saída

  • Detrás do Edificio do Concello situado na Praza de España.

+info e reservas en visit-pontevedra.com


Está pasando!