Vilagarcía celebra o Día das Bibliotecas con actividades infantís de balde e a entrega dos diplomas aos Mellores Lectores do 2024

21 Outubro 2025

  • Será os días 24 e 25 deste mes, con dúas sesións de contacontos para animar aos máis pequenos á lectura.
  • Non é necesario facer inscrición previa e desenvolveranse na Sala Infantil da Biblioteca Rosalía de Castro, con entrada libre ata completar aforo.

O venres 24 de outubro ás 17:30 horas farase a entrega dos 11 diplomas aos Mellores Lectores/Usuarios do servizo de préstamo (infantil/xuvenil) do ano 2024.

Ao acto acudirán tanto o alcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela, como a concelleira de Educación, Paola María, ademais dos galardoados, que recibirán un lote de libros como agasallo.

A continuación, sobre as 18:00 horas, celebrarase unha actividade lúdica dirixida a nenos a partir dos catro anos. Trátase dun espectáculo de contacontos e animación, co título de “Contos animados” a cargo da compañía AC OS Carballiños.

Xa ao día seguinte, o 25 a partir das 12:00 horas, levarase a cabo outra iniciativa consistente nunha narración oral e animada baixo o título “Historias dun mundo grande”, a cargo de Fran Ameixeiras e a compañía Bandullo Azul.

Dirixida a nenos a partir de 4 anos e ata 11, conta a historia da cadeliña Becki e as súas viaxes polo mundo.

Ambas actividades intégranse no servizo de extensión cultural da biblioteca, co que se pretende fomentar o hábito da lectura durante os primeiros anos de idade, así coma dar a coñecer o servizo municipal entre as familias.

Está pasando!