Samaín na Finca de Briz | © Concello de Marín

A festa de Samaín máis grande de toda Galicia volve á Finca de Briz

30 Outubro 2023

O martes 31 de outubro a partir das 18.00 horas, tes unha cita terrorífica na Finca de Briz.

Dúas rutas do medo, estacións do terror espalladas por toda a finca, espectáculos durante toda a tarde-noite, un Pequesamaín para os máis pequerrechos da casa, postos de lambetadas, ambientación musical… e moitas sorpresas máis!

PROGRAMA

  • 18.00H APERTURA DA FINCA
  • 18.00H A 22.30H ESTACIÓNS DO MEDO:
    • A cova do asustador
    • O túnel do medo
    • A ouvellas asasinas
    • O velorio das bonecas
    • O hospital psiquátrico
    • Show de lume e morte
  • 18.30H A 21.30H PEQUESAMAÍN
  • 18.30H A 22.00H RUTAS:
    • ALICIA NO PAÍS DOS HORRORES
    • O LAR DOS INOCENTES
  • ESPECTÁCULOS:
    • 19.30H O espanto victoriano (1º pase)
    • 20.00H Noite de bruxas (1º pase)
    • 21.00H O espanto victoriano (2º pase)
    • 21.30H O baile das zumbis
    • 22.00H O espanto victoriano (3º pase)
    • 22.30H Noite de bruxas (2º pase)

Consulta toda a información en concellodemarin.es/samainbriz e descarga o mapa informativo da festa!


Está pasando!