Volve a Salvaterra de Miño O Son da Muralla, o festival Dj máis importante de Galicia

26 Xuño 2023

O sábado 5 de agosto volve a Salvaterra de Miño O Son da Muralla, o festival DJ máis importante de Galicia.

Un festival con entrada gratuíta, organizado polo Concello de Salvaterra de Miño, no que poderás bailar todos os estilos de música: urbano, reggaeton, latino, dance, remember e máis…

Este ano na cabina do Son da Muralla estarán Floorfilla , DaniJay “official page”, Dj Sara Santini , Marsal Ventura, Dj Charlie, Jorge Álvarez e Dj Canhon.

O ano pasado foron máis de 12.000 persoas bailando ao ritmo de O Son da Muralla.



O SON DA MURALLA

O 17 de agosto de 2002 comezaba a andaina de maneira ininterrompida de O Son da Muralla. O festival celébrase a primeira fin de semana de agosto en Salvaterra de Miño.

O seu lugar de celebración é envexable: as murallas de Dona Urraca, cunhas vistas incomparables ao río Miño.

Cunha media de 10.000 asistentes, no festival danse cita os mellores artistas nacionais e dj´s da escena electrónica.

Polo festival pasaron artistas como Sash, Gabry Ponte, Prezioso & Marvin, Dj Neil, Molella, Dr. Bellido, Sanny J, Steven Rod ou Raúl Ortiz.

Trátase do primeiro festival de música electrónica, e ao que máis visitantes congrega. Se algunha vez formaches parte das incribles noites nas murallas de Salvaterra saberás do que che falamos.

Se aínda non asistiches nunca a este evento, non esperes máis e anota a data da próxima edición.

O lugar onde leva a cabo o festival é o recinto amurallado, situado no centro do concello. Atópase nun punto estratéxico nas beiras do Río Miño, a poucos metros do punte internacional que fai de fronteira entre Galicia e Portugal, e que une Salvaterra con Monçao. ​

As súas orixes remóntanse aos séculos X e XI, nos anos 1643 e 1644, coa finalidade de protexer aos veciños dos numerosos ataques ao longo dos séculos. ​

Escena de numerosos enfrontamentos entre España e Portugal, hoxe forma parte do escenario de O Son da Muralla, e achega un decorado incomparable a calquera outro festival do mundo. ​


Está pasando!