Volve o Canteira Fest a Vilaboa cunha edición ‘desconfinada’

8 Xullo 2021

A organización do Canteira Fest ven de deseñar unha programación para os días 17 e 18 de setembro na Canteira de Paredes (Vilaboa), adaptada a actual realidade.

Sen deixar de facer unha aposta clara por unha programación cultural de calidade, realizarase un festival a pequena escala, con aforo limitado a 1000 persoas por día.

As entradas sairán á venda, por primeira vez, co fin de poder facer un control de acceso adecuado e manter o aforo indicado, as entradas serán en tres formatos.

O primeiro dos formatos será unha entrada de 5 euros para un dos días do festival, tanto se só se quere ir o venres ou so se quere ir o sabado; o segundo formato será un bono para os dous días por un valor de 7 euros a entrada; é por último, o terceiro formato, será o aluger dun recinto demarcado para un grupo de 10 persoas, na que poderás estar coas túas amizades dun xeito máis relaxado. As entradas poderanse adquirir a través da plataforma virtual enterticket.es

Como nas anteriores edicións, a formación en feminismo será un piar fundamental do evento, artellando diversos coloquios sobre as temáticas máis actuais no eido feminista. Asemade, este ano, centrarase a temática do festival nos distintos modos de ser muller, facendo fincapé nas mulleres transxénero e as súas demandas.

No Canteira Fest deste 2021 participará un elenco de artistas eclectico, dando cabida a novas formacións e artistas. Así, para este ano contaráse con Zeltia Irevire, Verto, Paula Docampo DJ, Bravatukas, Pauliña, A Rabela, Cuarta Xusta, O Gato de Cheshire e Lisdexia, na parte musical. Asemade, tamén contarase coa participación de Migallas Teatro, para os máis pequenos da casa, que terán a entrada de balde até os 12 anos.

As persoas que contedes coas entradas do ano pasado, non tendes que facer nada, son cambiadas automaticamente para este ano.


Está pasando!