Volve o ciclo Jazz no Principal no seu formato tradicional coa vocalista Carmen Rey e o batería Gonzalo del Val

25 Abril 2023

Despois de retomar este ciclo na pasada edición, celebrando o 20 aniversario do Jazz no Principal, volve o Jazz no Principal no seu formato tradicional.

Para esta ocasión o Seminario Permanente de Jazz contará con dúas figuras tanto na sua faceta interpretativa coma docente.

A vocalista galega Carmen Rey, todo un referente nas novas músicas que se fan neste pais e o batería castelán Gonzalo del Val, todo un referente do jazz actual que se fai na península ibérica.

Como sempre estes artistas estarán acompañados dos novos valores do jazz galego, nus concertos únicos…

Sábado 29 de abril ás 21:00 horas no Teatro Principal

Carmen Rey & SPJ-Group

  • Carmen Rey: voz
  • Óscar Presa: trombón
  • Alberto Rodríguez: saxo alto
  • Javier Abraldes: guitarra
  • Daniel Corral: piano
  • Joao Fontenla: baixo eléctrico
  • David Jacome: batería

Sábado 6 de maio ás 21:00 horas no Teatro Principal

Gonzalo del Val & SPJ-Group

  • Gonzalo del Val: batería
  • Diana Vilas: voz
  • Alejandro Portela: clarinete
  • Carlos Tubío: trombón
  • Lolo Martínez Villar: tuba
  • Jorge Ruiloba: piano
  • João Fontenla: baixo eléctrico

O prezo da entrada xeral para cada concerto é de 3 euros.

Venda de entradas na billeteira do Teatro Principal 1 horas antes do concerto ou venda anticipada (contén gastos de tramitación) en Ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500.


Está pasando!