Volven as ‘En3Vistas’ ás rúas e prazas da cidade de Pontevedra do 18 ao 22 de xullo

13 Xullo 2022

  • Dez persoeiros de distintos ámbitos falarán do seu día a día reparando na normalidade do uso do galego
  • As conversas estarán moderadas pola xornalista Susana Pedreira

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra programa do 18 ao 22 de xullo a terceira edición do programa ‘En3Vistas’ que pretende visibilizar a normalidade do uso diario do galego a través de conversas con persoeiros de distintos ámbitos. Como explicou o concelleiro Alberto Oubiña, responsable do departamento, “a lingua estará presente no programa, pero do que se trata é de coñecer o día a día destas persoas que dignifican o  uso da lingua galega”.

O programa estará moderado pola xornalista Susana Pedreira, e celebrarase en formato entrevista e diálogo a partir das 20:00 horas en distintos espazos públicos da cidade de Pontevedra, amosando a recuperación que se ten feito dos distintos lugares da cidade.

As temáticas que se abordarán nesta edición serán a música, a literatura, o eido empresarial, a ciencia e a creatividade dixital.

PROGRAMA:

  • 18 XULLO LUNS
    20:00 / CAMPIÑO DE SANTA MARÍA
    SÉS
    BAIUCA
  • 19 XULLO MARTES
    20:00 / CRUZAMENTO DAS RÚAS PEREGRINA E DANIEL DE LA SOTA
    ANTÍA OTERO (APIARIO)
    DORES TEMBRÁS (APIARIO)
    LEDICIA COSTAS
  • 20 XULLO MÉRCORES
    20:00 h / PONTE DO BURGO
    ELENA FERRO (EFERRO)
    JORDI LÓPEZ (AÍ FALACHES)
  • 21 XULLO XOVES
    20:00 / XARDÍNS DO DOUTOR MARESCOT
    ÁNGEL CARRACEDO
    LOLI BELOSO
  • 22 XULLO VENRES
    20:00 / SANTA CLARA
    NEE BARROS (@NEEUMATIKO)
    MARÍA RÚA RODRÍGUEZ (@PRADORUA)
    ERIC DO PAZO (@UNRAPATRANSQUILO)

Está pasando!