Volven as visitas guiadas por Pontevedra durante a Semana Santa

23 Febreiro 2022

Pasea polas súas rúas e prazas, goza das súas tendas e comercios, empápate do ambiente e a vida local, saborea a súa gastronomía… Ademais, a situación xeográfica de Pontevedra, capital da provincia e das Rías Baixas, é absolutamente privilexiada, comunicada cos principais núcleos urbanos galegos e peninsulares.

Durante a visita daranse a coñecer todo tipo de elementos culturais, históricos, monumentais, gastronómicos e festivos relacionados con Pontevedra, destacando no itinerario as súas prazas e a riqueza heráldica da cidade e facendo especial fincapé nas lendas e anécdotas da cidade.

Escolle o día que queiras, do 11 ao 17 de abril. Haberá visitas ás 11.30 e 17.30 horas de luns a sábado, e o domingo unha saída ás 11.30 horas.

Nenxs de ata 12 anos de balde.

Os grupos serán reducidos, tanto para cumprir coas medidas sanitarias, como para que aproveitedes máis a experiencia!

Apura porque as prazas son limitadas e sempre se esgotan moi rápido.

+info. en reservas en visit-pontevedra.com

Está pasando!