Desfile de Entroido na Guarda | © Concello da Guarda

Xa están dispoñibles as bases para o Desfile de Entroido 2023 da Guarda

1 Febreiro 2023

  • O desfile celebrarase na tarde do martes 21 de febreiro, mantendo o formato para Comparsas, Carrozas e Grupos
  • Partirá da Praza de San Bermardo ás 17:30 horas, continuando o seu percorrido pola rúa Galicia ata a Alameda

Onte foron publicadas as bases que rexerán o Desfile do Martes de Entroido 2023 na Guarda, que como cada ano partirá ás 17:30 horas da Praza de San Bermardo (“Esquina Famosa”), co seguinte percorrido: praza de San Bernardo, rúa Galicia, avda. Rosalía de Castro e Alameda.

Os participantes deberán presentarse no lugar de saída nos seguintes horarios para a correcta organización da saída:

  • Entre 16.35 e 17:00 horas as carrozas e as comparsas que incorporen elementos móviles.
  • A partir das 17:00 horas o resto de comparsas e os grupos que non leven elementos móviles con motor.

Os interesados en participar no desfile poderán inscribirse a partir do vindeiro martes día 7 de febreiro e ata o luns 13 de febreiro nas categorías de Carroza, Comparsa ou Grupo. A inscrición realizarase no Rexistro do Concello ou a través da sede electrónica.

Os participantes poderán optar a compensación económica segundo a orde de inscrición nas diferentes categorías:

  Categorías Descrición Axuda directa á participación
  Carroza Grupo mínimo 6 persoas enriba dun ou varios móbiles representando unha temática común   290€*
  Comparsa Grupo mínimo de 10 persoas que representen con acompañamento musical   230€*
  Grupo Composto por un mínimo de 4 e un máximo de 9 persoas   100€*
* Terán dereito ó cobro desta axuda económica as 10 primeiras carrozas ou comparsas que se inscriban, así como os 6 primeiros grupos. Ou en calquera caso ata esgotamento do crédito

 

  • Consulta as bases completas aquí
  • Descarga os formularios de inscrición aquí
Está pasando!