Xisco Feijoó súmase á programación do Entroido de Vigo cun concerto na Porta do Sol

14 Febreiro 2023

  • Abel Caballero anunciou un segundo concerto dentro da programación do Entroido de Vigo 2023
  • Xisco Feijóo actuará o sábado 18 na Porta do Sol sumándose a un cartel que xa conta coa música das Tanxugueiras

O sábado 18 de febreiro, Xisco Feijoó actuará na Porta do Sol a partir das 21:00 horas dentro da programación do Entroido de Vigo 2023 que este ano se estenderá desde o venres 17 ata o mércores 22 do presente mes.

Este concerto servirá de colofón ao desfile de Comparsas e Carrozas que partirá ás 18:00 horas desde García Barbón, percorrendo Policarpo Sanz ata o cruce coa rúa Reconquista.

O programa deste ano arrancará o venres 17 ás 20:30 horas coa música das Tanxugueiras que tamén actuarán na Porta do Sol.


Cartel do Entroido de Vigo 2023 | ‘O alcalde de Romea’, de Laxeiro

A obra elixida para o cartel do Entroido deste ano chámase ‘O alcalde de Romea’, un territorio imaxinario plasmado por Laxeiro. É unha obra de 1969, un óleo sobre tea que está na actualidade no Museo de Arte Moderna de Bos Aires.

Está pasando!