Xoel López pon o broche de ouro ao cartel do Río Verbena Fest de Pontevedra

21 Xullo 2025

  • Este mércores 23, ás 12 horas, abrirase a venda de entradas de día
  • Últimos abonos a prezo actual en rioverbena.com

O Río Verbena Fest pecha o seu cartel para a súa esperada cuarta edición confirmando a Xoel López como o último gran nome da súa programación, xunto con Orzán e o pontevedrés Javier Lago, ambos en colaboración con Estudos Mans, que impulsan unha programación diversa cun firme compromiso polo talento emerxente.

O festival, que terá lugar os próximos 22 e 23 de agosto en Pontevedra, suma así a un dos artistas máis queridos e respectados da escena nacional, poñendo a guinda a un cartel que reúne a figuras consolidadas, propostas emerxentes e unha mestura de estilos que abarcan desde o indie, pop, rock e ata rap.

Ademais, este mércores 23, ás 12 horas, poñeranse á venda as entradas de día, unha opción perfecta para quen queira gozar dunha soa xornada de festival sen perderse aos seus artistas favoritos. Os últimos abonos a prezo actual están á venda en rioverbena.com

Con máis de dúas décadas de traxectoria, Xoel López soubo reinventarse disco tras disco, mantendo intacta a autenticidade que o converteu nun referente para toda unha xeración de seguidores.

A súa música, unha viaxe emocional cargada de paisaxes sonoras únicas, promete ofrecer un dos directos máis especiais do festival.

Este ano, o Río Verbena Fest volverá ser punto de encontro para miles de amantes da música que queren despedir o verán en Galicia.

Encabezado por Loquillo, un das grandes iconas do rock español e que iniciará a súa xira ’’Corazones Legendarios”, que celebra os grandes éxitos dos seus 47 anos de carreira.

O cartel conta ademais con nomes como Coque Malla, coa súa Xira 40 Aniversario; Álvaro de Luna e Nil Moliner, dous dos artistas máis queridos do pop actual; e referentes como Andrés Suárez, Carlos Sadness, Pignoise, YSY A, Malmö 040, Efecto Pasillo, Carla Lourdes e Taïn, que completan unha programación variada, interxeracional e aberta a todos os públicos.

Ademais de grandes nomes nacionais e internacionais, o festival volve apostar polo talento local e emerxente coa participación de Guateque Big Band, Terapia de Grupo, Mamasunción e DJ Sergio El Indio, reforzando o seu compromiso coa escena galega e ofrecendo un altofalante a novos proxectos musicais.

Cunha contorna privilexiada a beiras do río Lérez, o Río Verbena Fest consolídase como unha das citas musicais imprescindibles do verán pontevedrés. A súa localización, en corazón da cidade, permite gozar de dúas xornadas de música en directo rodeados de natureza, boa gastronomía e un ambiente inmellorable.

O Río Verbena Fest aposta pola diversidade, reunindo xeracións distintas baixo un mesmo escenario para celebrar a música sen etiquetas nin barreiras.

Desde os grandes clásicos do rock ata os novos sons do indie e o rap, pasando por propostas locais que mostran a riqueza musical de Galicia, cada edición do festival convértese nunha festa para descubrir, compartir e celebrar xuntos.

Está pasando!