Presentación de ‘Xogade coas motos’ | Concello de Sanxenxo

‘Xogade coas motos’ chega este domingo á Praza do Mar de Sanxenxo

16 Xuño 2025

A actividade está prevista para nenos de entre 6 e 15 anos, en horario de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas


O programa de motociclismo ‘Xogade coas motos’ chega este domingo a Sanxenxo, como unha oportunidade para que máis de 40 nenos e nenas, de entre 6 e 15 anos teñan a súa primeira experiencia co manexo de vehículos de dúas rodas.

O evento forma parte do programa ‘Xogade’, da Xunta de Galicia, coa colaboración de VF Timing, da Federación Galega de Motociclismo e o Concello de Sanxenxo.

A cita foi presentada esta mañá polo concelleiro de Deportes, Voluntariado e Xuventude, Marcos Guisasola, e a presidenta de VF Timing e coordinadora do programa ‘Xogade coas motos’, Sandra Fernández.

Esta actividade desenvolverase na Praza do Mar, en horario de mañá e de tarde, de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas, e ten como finalidade saber se ao neno lle gusta o deporte do motociclismo, polo que non se trata dunha competición nin tampouco dun adestramento. “Non lles imos a ensinar a ser Marc Márquez. É unha toma de contacto co mundo das motos”, explica Sandra Fernández.

Cada participante contará co seu monitor e repartiranse en roldas de 10. Realizarán dúas mangas, de vinte minutos cada unha, unha para controlar o gas e a velocidade e outra para realizar un circuíto.

Os participantes deberán levar luvas de moto e bici, calzado que lle cubra o nocello, roupa térmica fina e un bo manexo da bicicleta. “É unha actividade que ten moito arraigamento na zona e que vén completar a axenda deportiva do verán”, explica Guisasola.

Na primeira fase de apertura de inscricións, só para empadroados, xa se cubriron 32, pero aínda quedan 8 dispoñibles. O prazo pecharase este mércores.

Os interesados poderán inscribirse en xogadecoasmotos.com

Está pasando!