Presentación da XXIV Festa do Viño de Meaño | Concello de Meaño

A Festa do Viño de Meaño chega a súa XXIV edición cunha programación variada, combinando viño, gastronomía e música en espacios diferenciados

9 Xullo 2025

A XXIV Festa do Viño de Meaño celebrarase os días 18, 19 e 20 de xullo. Durante esos días podrán disfrutar dunha programación variada, combinando viño, gastronomía e música en espacios diferenciados.

Estamos a falar da Festa do Viño do corazón do Salnés que este ano chega a súa XXIV edición, unha das citas imprescindibles do verán e de Galicia, donde o viño, a tradición, o criterio e a alegría se dan a man.

Este ano participan 22 adegas de Meaño, con stands ubicados nunha carpa instalada na praza do concello, onde a veciñanza e os visitantes podrán saborear os magníficos viños elaborados en Meaño.

Durante tres xornadas, veciños, visitantes, amantes do viño e profesionais do sector poderán gozar de catas, gastronomía, música en directo e actividades culturais nunha contorna privilexiada como é O Salnés, unha das zonas vitivinícolas máis recoñecidas de Galicia.

A programación da XXIV Festa do Viño de Meaño é a seguinte:

VENRES 18

  • 20:00 h. Apertura de Stands
  • 21:00 h. Concerto da BUMM con Antonio Barros e Lys Pardo
  • 22:30 h. Verbena ORQUESTA PLAYERS. A continuación DJ PACO VULKANO (ata o remate)

SÁBADO 19

  • Apertura de portas de Stands
  • 20:00 h. Actuación CHARANGA OT
  • 22:00 h. Concerto A RODA
  • 23:00 h. Verbena LA OCA BAND. A continuación DJ QUICO (ata o remate)

DOMINGO 20

  • 11 :00 h. Celebración IV Capítulo Cofradías e nomeamento Novos Cabaleiros e Damas
  • 12:30 h. Pasarrúas de autoridades, adegueiros e Cofradías dende o Pazo de Lis ata a Praza do Concello. Lectura do Pregón a cargo de D. Rafael Louzán Abal ( Presidente da Federación Española de Fútbol)
  • 14:00 h. Concerto AMIGOS DO ACORDEÓN RÍAS BAIXAS
  • 20:00 h. Actuación CHARANGA ALAMBIQUE
  • 22:00 h. Verbena GRUPO AMÉRICA e FIN DE FESTA
Está pasando!