O XXXVI Festival Intercéltico do Morrazo celebrarase os días 10 e 11 de outubro

29 Setembro 2020

O XXXVI Festival Intercéltico do Morrazo, organizado polo Concello de Moaña, terá lugar os días 10 e 11 de outubro, e contará nesta edición cos concertos de Tiruleque, Pepe Vaamonde Grupo e Leilía.

  • Sábado 10 ás 21:30 h. Palco Principal

Tiruleque

  • Domingo 11 ás 12:30 h. Palco Principal

Pepe Vaamonde

  • Domingo 11 ás 21:30 h. Palco Principal

Leilía

Como gran novidade, e para que non volo perdades, esta edición será emitida en directo en streaming aberto a través da canle facebook.com/festivalintercelticomorrazo e da plataforma Tolemias.

O Festival celebrarase cumprindo todas as medidas sanitarias nunha carpa instalada no paseo marítimo de Moaña con aforamento para 300 persoas. As entradas poderanse adquirir de balde a partir do martes 6 na oficina de turismo de Moaña e as sobrantes a partir do xoves 8 por pasarela dixital, de todo isto vos manteranvos informados en facebook.com/festivalintercelticomorrazo

Cartaz: Diego Seixo
Está pasando!