Os estudantes da Banda de Música de Marín – Musimarín ofrecerán un concerto coas obras que levan preparando todo este curso

4 Xuño 2024

O vindeiro sábado 8 de xuño ás 12:45 horas, a sede da Banda de Música de Marín – Musimarín, na esquina das rúas Jaime Janer e San Pedro, encherase de talento e música no Concerto de Solistas.

Durante este evento, os estudantes da Escola de Música de Marín – Musimarín demostrarán a súa destreza e dedicación ao interpretar, acompañados ao piano, as pezas que presentarán nas probas de acceso ao conservatorio.

Estas interpretacións son o froito do esforzo e traballo realizado ao longo do curso escolar. Non perdas esta oportunidade de desfrutar e apoiar á canteira musical de Musimarín no seu camiño cara ao conservatorio!

A entrada é libre e de balde.


Está pasando!