'Os tres porquiños' en Cangas

mér30dec17:00'Os tres porquiños' en Cangasespectáculo teatral de Educateatro17:00 Auditorio Municipal de Cangas - Cangas

Detalles do Evento

‘Os tres porquiños’ é un espectáculo teatral de Educateatro para os máis pequenos e pequenas con marionetas, teatro, xogos tradicionais e música en directo. Unha proposta coidada e visual a partir dun dos contos tradicionais máis coñecidos da literatura infantil.

Unha revisión da tradicional fábula para adaptala aos novos tempos, incluíndo a gura de Xan e Xiana, dous exploradores moi afeccionados aos contos, que se adentran no bosque para coñecer os seus personaxes favoritos.

Na súa viaxe, ademais de descubrir a historia, os tres porquiños bailarán ao ritmo das cinco cancións -cantadas en directo- que compoñen o espectáculo, e que teñen unha clara misión didáctica para que os máis pequenos aprendan ou reforcen coñecementos como os números, as cores ou as prendas de vestir.

Menores de 24 meses que non ocupen butaca, non necesitan adquirir entrada.

Entradas anticipadas á venda dende 11,60 euros en Ataquilla.com

Hora

(Mércores) 17:00

Localización

Auditorio Municipal de Cangas

Avenida de Lugo, 27A, 36940 Cangas, Pontevedra

Está pasando!