A Asociación Quinta do Piñeiro organiza o día 25 de xaneiro un gran cocido na Casa Cultural de Corzáns

13 Xaneiro 2026

Un ano máis, a Asociación Cultural Quinta do Piñeiro organiza o seu tradicional cocido que terá lugar o día 25 de xaneiro as 14:00 horas na Casa Cultural de Corzáns.

Os asistentes poderán degustar un menú composto por sopa, cocido, auga, viño, refrescos, pan, sobremesa e café. Dito evento será para a axuda do Festival Sementeira e Música 2026.

O prezo é de 22 euros para adultos e 10 euros para os nenos ata os 12 anos.

As prazas son limitadas polo que os interesados deben anotarse antes do 22 de xaneiro nos teléfonos 638 450 204 e 686 939 855 ou tamén a través do seu Facebook ou do seu Instagram.

Por outra banda, co inicio do ano novo a asociación tamén anunciou a data da celebración da maioría de idade da Festa da Sementeira e Música que terá lugar os días 8, 9 e 10 de maio.

Está pasando!