A asociación Terra Grovii organiza os días 25 e 26 de xullo unha visita nocturna para percorrer o Castro dos Penedos dos Mouros

17 Xullo 2025

A asociación Terra Grovii e o Concello de Salvaterra de Miño organizan os días 25 e 26 de xullo, ás 22:00 horas, unha nova visita guiada nocturna para apreciar os petroglifos do Castro dos Penedos dos Mouros e a excavación, entre outras cousas.

A ruta é circular de aproximadamente 3 km, e o tempo estimado é de 2 horas e media. Haberá avituallamento ao rematar.

Para anotarvos, podedes escribirnos a través das redes sociais de Terra Grovii, no email [email protected] ou por whatsapp nos teléfonos 697 773 809 ou 661 509 317.

O prezo é de 7 euros, ou 10 euros incluído a bolsa do guerreiro galaico, os menores de 10 anos non pagan.

Hay que traer linterna, calzado de senderismo e chaleco reflectante.

Ademáis, grazas ao Concello de Salvaterra, sortearase un vale de 10 baños no Espazo Termal de Teans e dúas entradas para o Museo da Ciencia do Viño con degustación, entre as persoas que participen.

Está pasando!