A Asociación Terra Grovii organiza unha andaina guiada pola ruta circular á parroquia de Soutolobre, en Salvaterra de Miño

11 Novembro 2025

A Asociación Cultural pola Defensa e Divulgación do Patrimonio no Baixo Miño Terra Grovii, organiza unha andaina guiada pola ruta circular á parroquia de Soutolobre, no Concello de Salvaterra de Miño.

Será o domingo 30 de novembro, con saída ás 10:00 dende a Casa Cultural de Soutolobre. A duración aproximada é de 3 horas con 7 km de distancia, con chocolatada ao remate da andaina.

Unha bonita paisaxe outonal e unha historia moi antiga, aínda por descubrir. Visitarase a galería romana e o Castro dos Penedos dos Mouros.

O prezo é de 7 euros por persoa e 15 euros (andaina e camiseta do guerreiro galaico). Os menores de 12 anos non pagan inscrición.

Para anotarse contactar por WhatsApp nos teléfonos 697 773 809 e 661 509 317, ou a través do enderezo electrónico [email protected]

Está pasando!