Árbore de Nadal na praza de Galicia | Concello de Vilagarcía de Arousa

A maxia do Nadal está a piques de tomar as rúas de Vilagarcía grazas ao acto de acendido de luces que se celebrará o 29 de novembro

14 Novembro 2025

  • Preto de 300 elementos luminosos que chegarán a máis dun centenar de rúas
  • Iluminaciones Santiaguesas, a empresa adxudicataria do contrato ata 2027, xa colocou boa parte da decoración.
  • A ela sumarase a que despregue directamente o Concello, que inclúe elementos de xardinería ou a aldea de nadal, da que se darán máis detalles nos próximos días.

A cidade brillará grazas a preto de 300 elementos luminosos que chegarán a máis dun centenar de rúas, tanto do centro urbano como do rural. Inclúen arcos luminosos, tiras led, grupos de bolas, boas, coroas, figuras tridimensionais, adornos de fachadas, etc.

A decoración estenderase por Arcebispo Lago, praza do Castro, Edelmiro Trillo, A Baldosa, rúa do Río, praza da Liberdade, rúa do Carme, Vázquez Leis, praza de Rafael Pazos, a rotonda do Rial, a de Man con Man, etc. Tamén chegará a os Centros Socioculturais da localidade, así como ao seu entorno.

“A empresa comezou a traballar con tempo para poder deixar todo listo de cara ao día 29”, apuntou a edil responsable. Dende a concellería de Cultura confían en que a decoración “estará á altura da cidade”, e contribuirá “a crear ese ambiente de ilusión típico desta época do ano”.

Actividades para as familias

Papa Noel e os seus axudantes, Adelfa, Rodelfo e todos os Elfos da Casa non se perderán a celebración. Como novidade deste ano, haberá animación de rúa dende as 17:00 horas da tarde. Máis de 40 persoas desfilarán polo centro de Vilagarcía coa intención de ir quentando motores de cara ao acendido.

Ás 18:00 horas reuniranse na praza da II República e sairán cara praza de Galicia, onde terá lugar o acto final. Alí estaraos esperando o alcalde, Alberto Varela, e outros membros do goberno local.

O ‘trineo’ subirá a plataforma para colocarse no interior do gran árbore de Nadal que coroará a praza. Dende alí, Papa Noel recibirá aos nenos e nenas que desexen trasladar as súas peticións de agasallos.

Ao mesmo tempo, a Escola de Música Coda realizará un espectáculo musical creado en exclusiva para este día e no que se inclúe algunha sorpresa que promete non deixar a ninguén indiferente.

Está pasando!