‘Escándalo en Palacio’ | Estudo Momento

A obra ‘Escándalo en Palacio’, escrita por Pedro Ruiz, despide a súa xira galega en Vilagarcía

13 Outubro 2025

  • A peza chegará ao Auditorio Municipal o 28 de novembro ás 21:00 horas.
  • Nela retrátase “con humor e elegancia” os problemas dunha parella presidencial “aferrada ao poder” en medio de intrigas, secretos e contradicións.
  • As entradas están á venda en Ataquilla.com a partir de 22 euros.

A representación está producida pola compañía galega Estudo Momento. Tras máis de dous anos en cartel e con máis de 10.000 espectadores, segundo datos da produtora, “consolídase como un dos grandes éxitos do teatro recente en España”.

Con funcións celebradas en Madrid, Oviedo, Valladolid, Santander e en todas as cidades galegas. “A obra colleitou unánimes eloxios da crítica e do público pola súa mestura de enxeño, sátira política e glamour”, explican.

Os actores Iria Areas e Xoán C. Mejuto son o encargados de dar vida a Paola D’Angio e Bernard Mathieu, os protagonistas da historia que prometen non deixar indiferentes aos espectadores, con “risas aseguradas durante toda a función”.

Segundo pode lerse na súa web oficial, a historia está inspirada na parella que formaban Marilyn Monroe e John F. Kennedy. Ao remate da mesma, haberá un photocall cos intérpretes e unha sinatura de programas de man.

Xoan C. Mejuto interpreta a Bernard Mathieu, un presidente en loita que destaca polas súas habilidades á hora de aferrarse ao poder. O seu maior virtude? O engano. Iria Ares é Paola D’Angio, unha Primeira Señora que poñerá patas arriba todo un país. O seu maior defecto? A sinceridade.

O escándalo rompe definitivamente cando a televisión emite en Prime Time un vídeo do primeiro encontro sexual entre Bernard e Paola, cando o presidente aínda estaba casado coa súa primeira muller!

Bernardo sabe que ten que renunciar, aínda que a palabra se lle atraganta na gorxa. Paola, pola súa banda, ve unha oportunidade única para mellorar popularidade da parella presidencial. E a cidade? E a prensa? E o mundo da política? Se queres saber como acaba todo este lío e cales son os trucos do PODER e os seus mecanismos…

Entradas anticipadas á venda en Ataquilla. com dende 22 euros. De non esgotarse as entradas na venta anticipada online, tamén se poderán adquirir no propio día na billeteira do Auditorio, a partir das 19:00 horas.

Está pasando!