A presidenta do RC Celta, Marián Mouriño, será a pregoeira das Festas de San Telmo, declaradas de Interese Turístico Galego
23 Marzo 2026
A presidenta do Real Club Celta, Marián Mouriño, será a pregoeira das Festas de San Telmo deste ano 2026. A lectura do pregón, marcará o inicio oficial dos festexos o próximo sábado, 4 de abril, ás 12.45 horas, na praza da Inmaculada.
Así se confirmou na presentación das festas patronais de Tui, declaradas de Interese Turístico Galego, por parte do alcalde, Enrique Cabaleiro, xunto ao equipo de goberno ao completo. O rexedor tudense destacou na súa intervención que este é “o evento máis importante de cantos se celebran na cidade ao longo do ano”.
Referiuse ao cambio que as festas experimentaron nos últimos anos, dende que o propio Concello asumiu a súa organización, e nas que se expresan “as potencialidades que en todos os eidos ten este concello” e estes “tiñan que ser eventos que promocionase a nosa cultura,…a nosa identidade”.
Con respecto á pregoeira deste ano, Marián Mouriño, presidenta do Real Club Celta, Enrique Cabaleiro agradeceu que tivera aceptado a invitación feita polo Concello de Tui, e resaltou que “é unha muller que está dirixindo o club máis importante de Galicia, con enorme acerto, e está a facer un traballo extraordinario”. Afirmaba que a súa traxectoria transcende o “meramente deportivo e abrangue outros aspectos importantes da vida social e cultural”.
O Teatro Municipal de Tui, o Espazo Feiral, a praza da Inmaculada, o Paseo da Corredoira e o Espazo Sociocultural, serán parte dos escenarios nos que se desenvolva o amplo programa destes festexos coa entrega dos Premios Cidade de Tui, concertos, animación de rúa, teatro, actividades familiares, gastronomía eventos deportivos, verbenas … Así o explicou a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, indicando que o obxectivo “é achegar actividades a todo tipo de público e de gustos, sendo a programación un amalgama de actividades, e sobre do noso e da nosa xente de aquí de Tui”. Salientou tamén que as festas permitirannos gozar “da nosa cultura e das nosas tradicións”.
Na primeira xornada de festas, o sábado ás 18.30 horas no Teatro Municipal, entregaranse os Premios Cidade de Tui a Marga do Val, na categoría individual, e ao Tyde F.C. na de colectivo e, a continuación, inaugurarase na Sala Municipal a mostra “TYDE F.C. Un século de historia”.
Na primeira fin de semana das festas, o sábado 4 e o domingo 5, na praza da Inmaculada celebrarase o V Encontro de Viños da Raia. A concelleira de Turismo, Ana Núñez, sinalou na presentación que este é evento “que ano tras ano medra e se converteu nun magnífico escaparate para coñecer, catar e disfrutar dos viños do noso territorio”.
Engadiu que este evento “é moito máis que unha cita coa enoloxía e coa gastronomía e que é unha aposta clara polos pequenos e polas pequenas produtoras, por esas adegas que non sempre o teñen fácil, pero que están a facer un enorme esforzo por recuperar a terra, por coidar o territorio, e por apostar por un modelo de produción ligado á identidade e á calidade”.
Por outra parte, Ana Núñez explicou que “este ano o Concello, por responsabilidade como administración pública e tras manter unha xuntanza co sector hostaleiro, tomou a decisión de non promover institucionalmente o consumo do meixón”, tendo en conta a situación desta especie. Ao mesmo tempo, subliñou que “o Concello está e estará sempre ao lado da hostalaría, un sector fundamental para a nosa economía, polo que a Festa do Meixón seguirá presente nos establecementos locais que decidiron mantelo nas súas cartas. Esa decisión merece todo o noso respecto e apoio”.
Deste xeito, este produto poderá degustarse, previa reserva, do 1 ao 13 de abril en Casa Pote, El Molino, La de Manu, O Novo Cabalo Furado, Parador e O Bartolo, cun prezo de 85 euros por ración. A presentación serviu tamén para “reivindicar a necesidade de que as administracións competentes reforcen o seu compromiso co coidado do río, coa conservación das especies e coa defensa da pesca tradicional, que forma parte da identidade da nosa cidade”.
A música será un dos grandes atractivos das festas. Aos concertos xa anunciados de La Fuga e Puño Dragón, o sábado 4, e Ñu, o domingo 5, sumaranse os dos grupos The Piledeis, The Sibaritas e os tudense Ola de Calor. Celebrarase a segunda edición de Tui Mix para a poboación máis nova con El Virtual, Komojo, e Overdose Djs con Kaixo, Wabii&Denzo e Xiari no Espazo Feiral.
Non faltará concertos clásicos das festas coma o da Escola Naval Militar de Marín, e outras agrupacións populares coma a Banda de Música Popular de Tui, a Banda Xuvenil de Tui, a Agrupación Musical Atlántida de Matamá, e a Banda de Música Municipal de Ribadumia.
A animación de rúa chegará da man das charangas tudenses A Tu Ritmo e Cantos Somos, contarase cos pasarrúas ‘Verme Lambón’ de Barafunda, ‘A Trikimachín’ de Pulpiño Viascón e ‘Mimo Circus Party’ de Pista Catro.
A música tradicional volverá ser protagonista no Festival Folclórico no Teatro Municipal, o domingo, 5 coa participación dos grupos Xuntanza (Randufe), Darraia (Tui), Santa Columba (Ribadelouro), San Telmo (Tui), Traxe Tradicional (Tui), Seixos Albos (Areas), Lembranzas da Terra (Guillarei), Inquedanzas (Pazos de Reis), e O Mosteiro (Pexegueiro). Nas rúas actuarán os grupos Sans Fins de Rebordáns e Lembranzas de Guillarei xunto aos xigantes e cabezudos o sábado 4 e o luns 13, respectivamente.
O Espazo Sociocultural acollerá a actuación da CAI, Compañía Artística Interdisciplinar con “Ferro e Fío”, unha demostración do alumnado da Escola de Danza Paula Cobián, e concertos do alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Tui .
Durante as festas celebrarase a XVI Semana de Teatro Amador na que os grupos tudenses estrearán as súas novas obras, nunha cita consolidada e que cada ano recibe unha gran acollida por parte do público. Así o grupo de teatro San Fins de Rebordáns estreará “Ultramarinos Norte”, A Insua de Caldelas presentará por vez primeira ante o público “Error 404”, Aloia de Pazos de Reis “Taxi”, e Xuntanza de Randufe “Tres porquiños”.
Na programación para público familiar o Teatro Municipal acollerá o concerto “Eih!! Carballeira” de Uxía Lambona e a Banda Molona o luns 6; e o Espazo Sociocultural será o escenario do espectáculo de circo “Todotrucazos” de Henriko o venres 10 ; de “Etéreo” co mago Samuel Moreno o sábado 11,
Amenizarán as verbenas as orquestras Panorama City e a Los Satélites o domingo 12, París de Noia o luns 13, Claxxon o venres 10, e La Banda de Ayer o sábado 11.
No ámbito deportivo a Concentración Cabalar celebrarase durante tres días, sábado 11, domingo 12 e luns 13, en San Bartolomeu cun amplo programa de actividade. E o sábado 11 a Carreira Popular de San Telmo volverá a reunir a centos de persoas de todas as nunha cita con gran tradición que ten aberto o prazo de inscrición até o próximo martes 7 de abril. Así o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, explicaba que o obxectivo este ano na Carreira de San Telmo II Memorial Xosé Martínez Tato, é superar as 700 persoas participantes. Do mesmo xeito na Ultreia, a marcha que se celebrará o domingo 12 entre Tui e Pontevedra, agardan unha ampla participación tendo en conta que superan xa as 800 inscricións. Con respecto a concentración cabalar confirmou a celebración da II Ruta Cabalar, onde conta con reunir a 500 persoas.
O canto coral chegará ás residencias e ao centro de día coas corais Ponte das Febres, San Telmo, e do Centro Sociocomunitario.
Outras citas serán a Foliada no Espazo Feiral, o desfile exaltación do traxe tradicional e a entrada concerto da Banda de Guerra e Guión da BRILAT, e homenaxe aos confrades de San Telmo falecidos.
A programación culminará o luns 13 de abril, festivo local en Tui, Luns de San Telmo, coa solemne procesión de San Telmo que partirá da Catedral para percorrer as rúas de Tui e regresar á praza de San Fernando onde terá lugar a ofrenda ao Santo. Este é un dos actos procesionais máis numerosos que se celebran na zona tanto polo número de imaxes que participan, chegadas de todas as parroquias tudenses, como polas miles de persoas que acoden cada ano.
A despedida das festas deste 2026 será luminosa e musical coa tirada de fogos piromusicais que o luns 13 ás 23.30 horas se realizará dende o paseo Familia Álvarez Blázquez.
As festas de San Telmo non contarán este ano con atraccións. Así o explicou esta mañá o alcalde, Enrique Cabaleiro, indicando que “ nestes momentos podemos dicir que non vai haber atraccións por dous motivos. Un deles é que fixemos unha actualización das taxas de ocupación das atraccións que levaban sen actualizarse por máis de 20 anos e adecuamos as taxas ao conxunto das taxas que marcan o resto dos concellos que son dunhas características similares ás nosas, incluso sensiblemente por debaixo. Isto, en principios feirantes, pois non o aceptaron de boa grado”. E por outra parte as persoas propietarias das atraccións segundo o rexedor querían marcar a empresa que realizase a inspección técnica de seguridade algo que non é posible legalmente xa que o Concello de Tui debe cumprir o establecido la Lei de Contratos.
O programa oficial de San Telmo 2026, está xa dispoñible en tui.gal, e está recollido nun programa de man que se distribuirá en todas as vivendas do municipio, e estará dispoñible nos establecementos comerciais. Seguindo a imaxe do cartel deste ano obra do tudense Carlos Fer recóllese día a día a programación prevista entre o sábado 4 e o luns 13 de abril.
Coa presentación da programación Tui inicia a conta atrás para as festas na honra a San Telmo, declaradas de Interese Turístico Galego, que durante dez días brindarán actividades culturais, deportivas, festivas,…que serán un atractivo tanto para a veciñanza tudense como para persoas de toda Galicia e do norte de Portugal.
Esta é a programación deste 2026 nas festas de SanTelmo:
SÁBADO 4 DE ABRIL
- 12.00h – 15.30h e 20.00h – 23.00h Na praza da Inmaculada V Encontro de Viños da Raia.
- Degustación de brancos, tintos e espumosos e maridaxes.
- 12.00 – 14.00h Na praza da Inmaculada, Xigantes e Cabezudos co grupo de gaitas San Fins de Rebordáns.
- 12.45 – 13.15h Na praza da Inmaculada, lectura do Pregón a cargo de Marián Mouriño, Presidenta do Real Club Celta.
- 18.30 – 20.00h No Teatro Municipal, VI Gala “Premios Cidade de Tui”.
- 20.00 – 21.00h Na Sala de Exposicións, inauguración “TYDE F.C. Un século de historia”.
- 20.00 – 22.00h Na Corredoira, actuación da Charanga Cantos Somos.
- 21.30 – 23.30h No Espazo Feiral, actuación de Puño Dragón.
- 00.00 – 02.00h No Espazo Feiral, actuación de La Fuga.
DOMINGO 5 DE ABRIL
- 12.00 – 15.30h e 20.00h – 23.00h Na praza da Inmaculada V Encontro de Viños da Raia.
- Degustación de brancos, tintos e espumosos e maridaxes.
- 12.00 – 14.00h Na Corredoira, actuación da Charanga A tu Ritmo.
- 12.30 – 13.30h Na Corredoira, actuación da Banda de Música Popular de Tui.
- 17.00 – 19.30h No Teatro Municipal, Festival Folclórico. Participan Xuntanza (Randufe), Darraia (Tui), Santa Columba (Ribadelouro), San Telmo (Tui), Traxe Tradicional (Tui), Seixos Albos (Areas), Lembranzas da Terra (Guillarei), Inquedanzas (Pazos de Reis), e O Mosteiro (Pexegueiro).
- 18.00 – 19.00h Na Corredoira, actuación da Agrupación Musical Atlántida de Matamá, Vigo.
- 19.00 – 20.00h Pasarrúas pola Corredoira, Verme Lambón de Barafunda.
- 19.30 – 21.30h No Espazo Feiral, actuación de Ñu.
- 20.00 – 22.00h Na Corredoira, actuación da Charanga A tu Ritmo.
- 21.30 – 23.00h No Espazo da rúa Camilo José Cela, actuación de The Pileidis.
LUNS 6 DE ABRIL
- 16.30 – 17.00h Na Residencia San Telmo, actuación da Coral Ponte das Febres.
- 18.00 – 19.15h No Teatro Municipal, concerto familiar de Uxía Lambona e a Banda Molona con “Eih!! Carballeira”.
- 19.30 – 20.00h No Espazo da rúa Camilo José Cela, actuación da CAI con “Ferro e Fío”.
MARTES 7 DE ABRIL
- 16.30 – 17.00h Na Residencia Paz e Ben, actuación da Coral San Telmo.
- 18.00 – 19.15h No Espazo da rúa Camilo José Cela, demostración do alumnado da Escola de Danza Paula Cobián.
- 21.00 – 22.00h No Teatro Municipal, XVI Semana de Teatro Amador co grupo San Fins de Rebordáns. Estrea de “Ultramarinos Norte”.
MÉRCORES 8 DE ABRIL
- 16.30 – 17.00h No Centro de Día Amoralia, actuación da Coral do Centro Sociocomunitario Tui.
- 18.00 – 19.15h No Espazo da rúa Camilo José Cela, concerto do alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Tui – CMUS Tui.
- 21.00 – 22.20h No Teatro Municipal, XVI Semana de Teatro Amador co grupo A Insua de Caldelas. Estrea de “Error 404”.
XOVES 9 DE ABRIL
- 18.00 – 19.15h No Espazo da rúa Camilo José Cela, concerto do alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Tui – CMUS Tui.
- 21.00 – 22.20h No Teatro Municipal, XVI Semana de Teatro Amador co grupo Aloia de Pazos de Reis. Estrea de “Taxi”
VENRES 10 DE ABRIL
- 18.00 – 19.15h No Espazo da rúa Camilo José Cela, actuación de circo Henriko con Todotrucazos.
- 21.00 – 22.25h No Teatro Municipal, XVI Semana de Teatro Amador co grupo Xuntanza de Randufe. Estrea de “Tres porquiños”.
- 21.00 – 22.00h Na rúa Compostela, actuación de Claxxon.
- 22.00 – 0.00h No Espazo Feiral, Foliada.
- 00.00 – 2.00h Na rúa Compostela, actuación de Claxxon.
SÁBADO 11 DE ABRIL
- 10.00 – 13.30h Dende a Corredoira, saída e chegada da Carreira Popular. Club Atletismo Tui.
- 12.00 – 14.00h Na Corredoira, actuación da Charanga Cantos Somos.
- 16.00 En San Bartolomeu, Concentración Cabalar.
- 18.00 – 19.15h No Espazo da rúa Camilo José Cela, actuación de Samuel Moreno con Etéreo.
- 19.00 – 20.00h Na Corredoira, pasarrúas de Pulpiño Viascón con A Trikimachín
- 22.00 – 01.00h No Espazo Feiral, actuación de La Banda de Ayer.
- 21.30 – 23.00h No Espazo da rúa Camilo José Cela, actuación de Ola de Calor.
- 01.00 – 03.00h No Espazo Feiral, Tui Mix. Apertura con Komojo. Actuación principal El Virtual. Peche Overdose Records DJs con Kaixo, Wabii & Denzo, Xiari.
DOMINGO 12 DE ABRIL
- 10.00h En San Bartolomeu, Concentración Cabalar.
- 12.00 – 14.00h En San Bartolomeu, actuación da Charanga A tu Ritmo.
- 12.15 – 12.45h Dende a Glorieta de Vigo ata a praza de San Fernando, desfile exaltación do traxe tradicional a cargo da Asociación do Traxe Tradicional de Tui.
- 12.30 – 13.30h Na Corredoira, actuación da Banda de Música Municipal de Ribadumia.
- 18.00 – 19.00h Na Corredoira, actuación da Banda de Música Popular de Tui.
- 19.00 – 20.30h Na Corredoira, pasarrúas de PistaCatro con Mimo Circus Party.
- 19.30 – 21.00h Na rúa Compostela, verbena coa Orquestra Los Satélites.
- 20.00 – 22.00h Na Corredoira, actuación da Charanga Cantos Somos.
- 21.30 – 23.00h No Espazo da rúa Camilo José Cela, actuación do grupo The Sibaritas.
- 22.00 – 23.30h Na rúa Compostela, verbena coa Orquestra Los Satélites.
- 23.30 – 2.30h No Espazo Feiral, actuación de Panorama City.
LUNS 13 DE ABRIL – LUNS DE SAN TELMO (FESTIVO LOCAL)
- 10.00 En San Bartolomeu, Concentración Cabalar.
- 10.30 – 12.00h Na S.I. Catedral Misa na Honra a San Telmo e Procesión pola Coronilla.
- 12.30 – 13.30h Na Corredoira, concerto da Banda Xuvenil de Tui.
- 18.00h – 20.00h Na praza da Inmaculada, Xigantes e Cabezudos co grupo de gaitas Lembranzas.
- 18.00 – 19.00h No Teatro Municipal, concerto da Banda de Música da Escola Naval Militar Marín.
- 19.00 – 21.00h No Espazo Feiral, verbena con París de Noia.
- 19.15 – 20.00h Dende a rúa Augusto González Besada ata a praza de San Telmo, entrada concerto da Banda de Guerra e Guión da BRILAT, homenaxe aos confrades de San Telmo falecidos.
- 21.00 – 22.30h Dende a S.I. Catedral e polas rúas de Tui, solemne Procesión de San Telmo e ofrenda a San Telmo.
- 22.30 – 23.00h Dende a praza do Concello ata a praza da Inmaculada, desfile despedida das agrupacións musicais participantes na solemne Procesión de San Telmo.
- 23.30 – 23.45h Dende o Paseo Familia Álvarez Blázquez, tirada de Fogos Piromusicais.
- 00.00 – 1.00h No Espazo Feiral, verbena con París de Noia.












