Presentación da XLV Festa do Viño de Barro | © Concello de Barro

A XLV Festa do Viño de Barro presenta unha programación pensada para todos os públicos e que terá a artistas e colectivos locais como protagonistas

30 Maio 2024

A programación da Festa do Viño de Barro contará, un ano máis, cun espazo protagonista para a cultura local, nunha edición na que o encargado de dar o pregón será Ramón Ballesteros, enfermeiro durante 24 anos no centro de saúde de Barro e que deixou unha fonda pegada entre a veciñanza.

As actuacións de Jorge Menéndez e Son das Tabernas complementan as actuacións de catro orquestras de primeiro nivel como son París de Noia, Marbella, Capitol e La Ola ADN. A Banda Xuvenil de Barro será a encargada de poñerlle o ramo á festa desta vez será co espectáculo ‘Verbena Sinfónica’.

Tamén haberá espazo para a música tradicional, co Grupo de Danzas Amor Ruibal, que se encargará da inauguración do XVII Certame Rías Baixas, e as Pandereteiras da AC Peñaflor. E en canto á música coral, actuarán a Coral Polifónica de Barro e a Coral da Portela.

Ademais das distintas e diversas actuacións musicais, nesta edición haberá tamén actividades pensadas para os máis cativos, un espazo para deporte cun torneo de tenis e outro de fútbol, unha exposición de motos clásicas e a tradicional sardiñada e xantar popular.

As catas finais celebraranse o domingo 16, momentos antes da entrega de premios nos que se coroarán os mellores viños locais caseiros e os mellores viños das adegas da D.O. Rías Baixas.


Está pasando!