Presentación da Primavera PAAR 2026 | Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro

Aprende a cazar, tecer ou pintar como hai 4.000 anos no PAAR de Campo Lameiro

17 Marzo 2026

  • Os percorridos comentados nocturnos permitirán descubrir os petróglifos á luz das lanternas ou indagar na tradición oral das rochas
  • As persoas interesadas en participar deben realizar a reserva previa a través da páxina web oficial do Parque

A Xunta de Galicia arrinca a tempada de primavera no Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro cunha proposta cultural para todos os públicos que combina obradoiros de arqueoloxía, experiencias creativas e visitas guiadas nocturnas.

A programación, que se desenvolverá de abril a xuño, dá comezo en Semana Santa.

 Semana Santa (28 marzo – 5 abril) 

Aproveita as vacacións co horario especial de 10:00 a 20:00h. Nove días sen descanso para descubrir o maior centro arqueolóxico de Galicia.

  • O Xoieiro da Prehistoria (11:00h): Deseña o teu propio xoieiro con resina e fíos metálicos baseándote en pezas reais dos nosos antepasados.
  • Xincana “Ovos de Pascua” (17:00h): Un reto polas estacións de petróglifos que remata coa clásica busca de ovos. Divertido e diferente! (Días 2, 3, 4 e 5 de abril).
  • Rincóns do PAAR (Venres 3, 17:30h): Unha visita exclusiva por estacións que non se ven nos percorridos habituais. Só para curiosos.
  • Noite de Cervos (Venres 3, 21:00h): “Cando os cervos perden a coroa”. Unha visita nocturna máxica na que será posible descubrir a importancia destes animais nos petróglifos galegos, vendo á luz das lanternas os máis singulares do parque. 

 Experiencias na prehistoria 

Todos os sábados e domingos ás 11:00h, tes unha cita coa historia. Cal é o teu plan?

  • Abril: Barro e Fíos
    • Sábados: “Coas mans ao barro”. Fabrica a túa propia cerámica campaniforme e lévaa para a casa.
    • Domingos: “Fiando o pasado”. Descubre como vestían na Prehistoria e experimenta cun tear e agulla de madeira.
  • Maio: Símbolos e Caza
    • Sábados: “Leva o teu petro!”. Aprende a diferenciar os símbolos das pedras e crea o teu propio petróglifo en pasta de secado.
    • Domingos: “Imos de caza!”. Pon a proba a túa puntería co propulsor e a azagaia. Dás na diana?
  • Xuño: Cores e Tesouros
    • Sábados: “Primeiras cores”. Fabrica os teus pigmentos con minerais e descubre como se facían os primeiros “graffitis” da historia.
    • Domingos: “Cantas xoias?”. Inspírate nos grandes tesouros dos museos para deseñar as túas xoias en metal.

 Misterio e aventura 

Se prefires ir ao teu aire, non te perdas as experiencias permanentes (fins de semana):

  • O Tesouro da Moura: O Escape Room interior do PAAR. Serás capaz de resolver todos os enigmas?
  • Petroaventura: Un xogo de pistas ao aire libre para toda a familia. Convértete en protector/a dos petróglifos!

 Noites no PAAR 

Apunta estas datas na túa axenda para vivir o parque baixo a luz da lúa e as lanternas:

  • 3 de abril: Cando os cervos perden a coroa.
  • 16 de maio: Noite de lendas (Especial Letras Galegas).
  • 20 de xuño: Noite do Solsticio de Verán.

As visitas guiadas regulares mantéñense todos os días ás 12:30 e 17:30h.

Todas as actividades teñen prazas limitadas. Non quedes sen a túa praza!

Máis información e reservas en paar.es

Está pasando!